"O segredo do Lugo é elixir ben e ter sempre os pagos ao día"
José Bouso preside un club que vive o mellor momento da súa historia. Desde os postos de privilexio da Segunda División, recibe eloxios tanto polo seu xogo como pola súa xestión deportiva, pero mantén os pés no chan. "É imposible que estar en Primeira sexa un obxectivo", di.
Galicia asina o seu dominio en Internet e culmina sete anos de traballo
A Icann, corporación que goberna as direccións web, asina o acordo de creación do .gal, que deixa de ser candidato para ser un operador dun rexistro na Rede e que é o primeiro dominio para unha comunidade lingüística e cultural desde 2005. Consulte o documento no interior.
A rebelión municipal ameaza con boicotear Sogama pola suba do canon
Os concellos que impulsaron a fronte común contra a reforma local pulan agora pola unión contra o incremento dun 34% da factura do lixo acordada pola Xunta, coa que piden negociar para buscar alternativas. De non haber acordo, deixarán de pagarlle á planta de Cerceda.
A oposición leva á Cámara as demandas das vítimas da violencia machista en folga de fame
PSdeG e BNG presentan senllas proposicións non de lei nas que recollen boa parte das reivindicacións das mulleres de Ve-la Luz, que acumulan case un mes de protesta e que seguen denunciando "o abandono e silencio" ao que din estar sometidas.
"A sentenza do Prestige non terá validez internacional ningunha"
Michel Girin, ex director do Cedre e colaborador na xestión da catástrofe marítima, fai balance daquel desastre medioambiental a poucos días de que se faga público o ditame do xuízo no que tamén compareceu.
"O ataque non foi obra de ningún grupo fascista organizado"
Gustavo García, o avogado vigués cuxa sede foi esnaquizada e pintada con lemas nazis, nega que fose un colectivo da ultradereita o autor do atentado e sospeita dalguén "enfadado" polo seu traballo como letrado ou á fronte da Fundación Galega contra a Impunidade. Vídeo no interior.
A sentenza do Prestige que chega once anos despois da catástrofe
O tribunal determinará se os tres imputados son condenados, aínda que ningún deles acabará na cadea, e quen pagará as indemnizacións. A condena ao Estado só recaería na figura de López-Sors, ante a ausencia de altos responsables políticos no banco dos acusados.
O Supremo non admite o recurso de Galicia Bilingüe contra o decreto
Tramita xa a apelación da Real Academia Galega e rexeita a deste colectivo, que non confirma a noticia pero que si critica a xustiza e a admisión do recurso da RAG por parte do alto tribunal.
Facenda non cede nas multas aos emigrantes pero a UE vixía xa a súa campaña recadatoria
A Axencia Tributaria teima en manter a inspección masiva e as sancións aos pensionistas galegos, tal e como lles manifestou nunha xuntanza, mentres a Comisión Europea advirte de infraccións se comproba discriminación a ests emigrantes retornados.
"Estráñame, señor Feijóo, que apoie multar os galegos por ser enfermos crónicos"
O alcalde de Riotorto envía unha dura carta ao presidente da Xunta na que lle pide unha xuntanza coa Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade para "atopar unha solución para un problema que pon en risco a vida de milleiros de cidadáns" e apela á súa "humanidade, se aínda lle queda".
"De non extraditar os torturadores franquistas, España será refuxio de represores"
Máximo Castex, avogado da querela arxentina contra o franquismo, anuncia novas imputacións e explica con detalle a causa aberta e as trabas que o goberno español segue a poñer para xulgar os crimes da ditadura fascista.
SOS Monte Pindo: nace o "proxecto civil" para recuperar o bosque arrasado polo lume
Unha iniciativa de voluntariado chama a cidadanía para restablecer o monte "asasinado pola cobiza humana e o desleixo e a traizón dos representantes políticos elixidos para defendelo". Unha web recolle xa doazóns de especies e ideas e organiza os voluntarios.