As rapazas do Burela, a un paso de entrar na historia
O equipo mariñao proclamarase campión de Liga o vindeiro sábado se gaña na casa ao Atlético de Madrid.
"Avoaescola é un proxecto para todos os que non queren que se perda o galego"
Francisco López é presidente de Galiza co Galego (GcG), entidade impulsora da cooperativa Avoaescola, que presenta este mércores o "espazo educativo infantil" e vehicular en lingua galega de Ferrolterra. Confía na consolidación do proxecto, pero critica a falta de apoios de moitos "que reivindican o galego e fan pouco por el".
A promesa incumprida de Feijóo sobre o flotel facilitou a entrada de Pemex en Barreras
Un conselleiro da petroleira mexicana confirma que era "imposible asegurar que os floteis se fosen construír en Galicia", ao contrario do que prometera a Xunta e aclara que "o de Navantia aínda non está resolto".
Só un de cada tres parados galegos percibe prestación por desemprego
Máis de 180.000 desempregados non perciben subsidio en Galicia, segundo un informe elaborado pola Fundación 1º de Maio, que pon en dúbida os datos da taxa de cobertura empregados polo Goberno, que triplica a porcentaxe de parados con protección.
Cataluña márcalle o camiño a Galicia para abolir as touradas
Anna Mulà e Leonardo Anselmi, promotores da ILP que acabou coas corridas no territorio catalán, relatan na Coruña a folla de ruta seguida para prohibir a tauromaquia e advirten de que tamén deixarán de existir en Galicia.
As quince reportaxes que foron silenciadas en Cataluña
Anuari Média achega un ano máis varias completas reportaxes sobre algunhas das cuestións máis ocultadas polos medios en Cataluña durante o pasado ano. O proxecto fomenta o "xornalismo repousado fronte a rapidez e superficialidade do 'tweet".
Obxección fiscal contra o gasto militar na declaración da renda
O Espazo Aberto Antimilitar propón obxectar fiscalmente a través da desobediencia civil desviando a parte proporcional dos impostos que se destinan aos gastos militarizados a proxectos "que traballen nunha sociedade máis xusta e desmilitarizada".
Pemex asina a compra do estaleiro Barreras
A petroleira mexicana firma coa empresa galega a carta de intencións que confirma o acordo. A compañía azteca achegará a maioría dos 10 millóns de euros que se inxectarán no estaleiro e farase co 51% das accións.
A mexicana Pemex faise co control de Barreras
Convértese no accionista maioritario do estaleiro galego ao se facer co 51% do seu capital. O acordo inclúe a construción de dous floteis nas instalacións viguesas.
Un Primeiro de Maio contra a desesperanza
Os sindicatos galegos chaman a saír á rúa porque "hai máis razóns que nunca" para facelo e agardan mobilizacións "masivas" no país contra as políticas "suicidas" do PP.
"Cantas veces temos que dicirlle non a Hidralia?"
Mulleres afectadas pola violencia en Guatemala viaxan á Coruña para denunciar ante a sede da empresa galega a súa intención de construír unha central hidroeléctrica que conta co rexeitamento masivo da comunidade indíxena e cuxo conflito derivou en asasinatos e represión contra os opositores.
A Xunta asegura que a vivenda social xa está a disposición de Aurelia Rey
Este martes acababa o prazo para que a anciá abandonase a súa vivenda.