Alonso Montero: "Na RAG non hai que cambiar nada, só traballar con máis intelixencia"
O catedrático vigués, un dos aspirantes á presidencia da Academia, cre que a súa candidatura é a que "ten máis posibilidades" de saír elixida no plenario do sábado, pero advirte de que non ten "ningunha bóla máxica".
"A vía xudicial é a única para recuperar todos os cartos das preferentes"
Tres novas sentenzas condenan a Novagalicia a devolver máis de 100.000 euros. Juan José Barreiro, avogado nos tres casos e experto en dereito bancario, advirte do aumento de demandas e agarda máis en canto os afectados "comproben que as quitas son maiores".
González rexeita a oferta de Alonso Montero para unha lista conxunta á RAG
Cualifica de "totalmente inaceptable" a proposta de integrar do catedrático vigués á Academia, que finalmente deberá elixir entre dúas opcións o vindeiro sábado 20. Os dous aspirantes centran o debate na TVG no legado de Méndez Ferrín.
Alonso Montero e González achegan posturas para unha lista unitaria á RAG
As dúas candidaturas apuran os prazos para alcanzar un acordo de última hora e presentar unha candidatura conxunta na que o escritor vigués sería o presidente. "As cousas van polo bo camiño", recoñece Alonso Montero.
González aposta por unha RAG "continuísta" que "non cambie de rumbo"
Presenta a súa candidatura para "seguir polo camiño andado e na dirección seguida", defende o legado de Ferrín e ve imposible un acordo para unha lista de consenso. Non descarta levar o decreto do plurilingüismo "a instancias europeas".
"Os narcos séntense fortes desde que apareceron as fotos de Feijóo"
Carmen Durán, fundadora de Desperta Cambados, presenciou o mércores no Parlamento as explicacións do presidente sobre as polémicas imaxes con Dorado. Insiste en que "debe marchar" ao non ter xa "autoridade ningunha para loitar contra o narcotráfico".
O auxe da agricultura ecolóxica en plena crise
O sector continúa crecendo en Galicia malia os malos datos económicos xerais. A facturación duplicouse nos últimos catro anos e a superficie dedicada a esta produción multiplicouse por cinco na última década. Malia todo, a maioría dos produtos acaban fóra do país.
As ausencias por sancións aos traballadores na TVG multiplícanse por dez nun ano
O número de días de ausencia por cumprimentos de sancións na canle pública pasou de dez durante 2011 aos 110 do pasado ano. O comité denuncia "as mans lixeiras" da dirección para deter as denuncias por "manipulación informativa"
"Fixemos o blog porque a manipulación e a represión aumentaron na TVG"
O comité de empresa explica os motivos que levaron os traballadores a denunciar a "manipulación informativa" na canle pública. "A dirección pisou o acelerador tras os últimos casos de corrupción política", explica.
Traballadores denuncian nun blog a "manipulación informativa" na TVG
O comité de empresa analiza o tratamento de varias informacións, denunciando a ocultación de datos na nova que relaciona a Feijóo con Marcial Dorado, a "minimización da resposta social aos desafiuzamentos" ou o "silencio" ante varias manifestacións.
Anova insiste en alianzas na esquerda que non se cingan só ao soberanismo
Defende na folla de ruta de cara á asemblea acordos diferentes e con distintos actores segundo a cita electoral pero aposta pola "unidade de acción non excluínte". A asemblea local de Teo cre que a unidade do nacionalismo é "un chanzo máis na acumulación de forzas", pero "nunca pode ser un fin en si mesma".
EU pide “renunciar ao sectarismo” para crear unha “fronte popular” en Galicia
Tende a man para ampliar AGE no borrador das teses políticas da súa próxima asemblea, onde fai unha intensa defensa do dereito de autodeterminación e critica que "o nacionalismo maioritario" difundise a "falsidade" de que é "unha forza de obediencia estatal".