O enguedello legal que pon alfombra vermella ás minas a ceo aberto
O Plan Director da Rede Natura autoriza proxectos mineiros en zonas protexidas grazas ás excepcións avaladas en varias normativas da Xunta que "forman un 'puzzle' perfecto coa mesma intención". "Corremos o risco de converter Galicia nunha mina", advirte Salvemos Cabana.
Daquel 15M a este Movemento de Loita Popular
Xorde na Coruña un colectivo que agrupa cidadáns e activistas de diversos movementos sociais unidos agora tras meses de traballo conxunto na "resistencia cotiá" da cidade. O sábado estréase saíndo á rúa contra a corrupción.
A recuperación que non chegará sen apostar pola innovación
O Foro Económico de Galicia advirte que, malia que a recesión rematou, os efectos da crise non marcharán se o país non prioriza as iniciativas económicas e se non aposta forte pola I+D+i, onde é das autonomías que menos inviste e que máis recorta.
A lección non aprendida dous anos despois do incendio nas Fragas
A Plataforma para a Defensa do Parque Natural e grupos ecoloxistas denuncian o "desleixo" da Xunta, á que acusan de "non facer nada" para a recuperación do espazo, así como de seguir permitindo a "eucaliptización" e priorizar o investimento paliativo á prevención.
Goles por un Sáhara libre nos campos de Galicia
A selección saharauí de fútbol disputa varios partidos amigables contra equipos galegos nunha xira na que este combinado non oficial pretende "sensibilizar" a cidadanía sobre a situación que sofre o seu pobo e a súa loita pola liberdade.
A "persecución" do galego volverá á Unesco 60 anos despois
A Mesa impulsa un informe para denunciar a vulneración dos dereitos dos galegofalantes coa que busca "internacionalizar" a problemática do idioma tal e como fixeron galeguistas en 1954. Solicitará a colaboración doutras entidades e pedirá á RAG e ao CCG que "encabecen esta denuncia".
Difúndeo tal e 'Como cho digo'
A nova campaña da CTNL, que pretende a "visibilización do uso do galego na comunicación", xunta diferentes personaxes públicas que reivindican que os medios respecten e reflictan en lingua galega as declaracións ou actos públicos que realizan neste idioma.
O despedimento masivo castiga o profesorado do Celga
CIG-Ensino concéntrase ante Política Lingüística para denunciar o despido "ilegal" deste colectivo ao que a Inspección recoñeceu a relación contractual coa Administración e do que agora prescinde a Xunta.
A Xustiza paraliza o reinicio das obras no río Sarria por carecer de autorización
A Confederación Hidrográfica comeza as obras cortando varios amieiros sen o permiso de Patrimonio, segundo denuncia a Plataforma Sarriana polo Río, que foi desaloxada pola Garda Civil. O xuíz ordena que se paralicen as obras tras revisar o expediente.
“O 22M non acaba aquí; isto só é o comezo”
Activistas galegos presentes nas Marchas da Dignidade fan balance da mobilización e advirten de que a protesta tan só é o inicio do "gran salto" que debera rematar no cambio de réxime e nun novo proceso constituínte no Estado.
A "segunda oportunidade" para a escola infantil en galego
O proxecto cooperativo Avoaescola, que tivo que pechar por falta de apoio, finaliza este martes a recollida de achegas para relanzar o ensino vehicular en galego o vindeiro curso en Ferrolterra. A iniciativa continúa a precisar socios para seguir adiante.
As Marchas do 22-M que encherán Madrid de rebeldía... e de antidisturbios
A policía prepara un dispositivo de 1.700 axentes da unidade de intervención para unha protesta na que os convocantes ven "o xermolo do inicio dun proceso de cambio" malia os intentos de "invisibilización". Uns 2.000 galegos chegarán a Madrid o sábado para esta "rebelión popular".