A Xunta 'premia' os colexios que aforran recortándolles en gastos correntes
Aplica un axuste de máis do 20% en 21 centros, que agora ven en perigo o seu funcionamento diario e a calidade do ensino. A Consellería de Educación acláralles que aqueles onde máis se aforrou sofren agora os "reaxustes".
A UE confirma o desinterese do Goberno polo dique flotante de Ferrol
A Comisión di que nin Xunta, nin Navantia, nin Estado "notificaron formalmente" o proxecto da infraestrutura e que só houbo "discusións informais". O PSdeG pide a comparecencia de Feijóo e acusa o PP de "consolidar unha estafa" e de "mentirlle" de novo aos traballadores.
Os pais e nais da escola pública mobilizaranse contra o pago nos comedores
"Non é un recorte, é un ataque", di a Confapa, que prepara protestas, di que non consentirá unha medida que "desmantela o rural e o ensino público" e que pide que "se retiren os concertos, empezando polos que marca a Xustiza".
Facebook bloquea activistas que denuncian as pexas nos cabalos
A asociación animalista Libera suma máis de 7.500 sinaturas para apoiar unha proposición non de lei do BNG que pide que a Xunta tome medidas contra este maltrato animal.
"A sentenza da UE ampáranos ante os desafiuzamentos"
Os colectivos galegos de Stop Desafiuzamentos celebran o ditame da xustiza europea, que cren "un gran paso" que "reforza" as súas teses e "aumenta a defensión da cidadanía ante o risco de desaloxo".
"Galicia debe prohibir as minas a ceo aberto, o uso de cianuro e o 'fracking"
A Alianza Rural Galega presenta un manifesto que pretende poñer as bases para unha gran plataforma galega contra a minería contaminante e no que reclama un aproveitamento sustentable dos recursos xeolóxicos.
Ferrín presenta hoxe a súa dimisión entre varias voces que lle piden que siga na RAG
A Academia celebra hoxe un esperado plenario no que o actual presidente presentará a súa renuncia. Manuel Rivas, que defende a súa xestión e os últimos recursos sobre o decreto, liderará as voces que lle reclaman a súa continuidade.
O eólico, outro sector que esmorece en Galicia
O peche da multinacional Alstom é o último de empresas de compoñentes eólicos en Ferrolterra, onde se destruíron 1.500 empregos nos últimos cinco anos. A inseguridade xurídica, a parálise na adxudicación de megavatios e a crise acaban cun sector punteiro no país.
A RAG recorre ao Supremo a sentenza do TSXG e pide a anulación "total" do decreto
Ferrín cre que a demanda "ten moitas posibilidades" de saír adiante e "imprimirlle un novo rumbo á política cultural en Galicia", aínda que aclara que será retirada "se a Xunta abre un proceso de diálogo" e volve ao consenso.
"Se os produtores de leite non nos unimos, tamén temos culpa da crise do sector"
José Luis Antuña é o director xeral de Feiraco, que mellorou resultados en 2012 malia a crise. Analiza a situación dun sector lácteo que ve "desorganizado" en Galicia e avoga por "fomentar a asociación" para ter máis forza ante a industria.
A precariedade laboral das mulleres galegas
Os distintos informes dos sindicatos sobre a situación do mercado laboral en Galicia descobren os efectos da crise, os recortes e a reforma laboral sobre o emprego feminino, caracterizado xa pola temporalidade e a desigualdade salarial cos homes.
"Todas as crises económicas atacan máis as mulleres"
Ánxela Lagoa, unha das voceiras da Marcha Mundial das Mulleres, censura o "retroceso brutal" que a recesión económica supón para a igualdade de xénero nun país onde "se erguen de novo os vellos muros" contra elas.