Cascos asegura que os danos provocados polo Prestige "foron inevitables"
O ex ministro de Fomento elude calquera responsabilidade e cre que as decisións foron "as correctas e axeitadas". Xustifica que fose de cacería durante a catástrofe e apela ao vitimismo. "Non me imaxino o xefe dos bombeiros de Nova York sentado nun tribunal polo 11-S", dixo.
"No BNG e en Compromiso vai haber moita xente disposta a confluír con AGE"
A Libraría Couceiro de Compostela acolle o vindeiro mércores a presentación de AGE, a emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda. Manuel Darriba, un dos seus autores, explica as claves do éxito dunha coalición que se converteu na terceira forza no Parlamento galego.
Pechados contra "a penosa situación" da universidade
Estudantes da USC cumpren catro días encerrados na Facultade de Historia en protesta pola falta de espazos para o estudo nas bibliotecas, unha reivindicación enmarcada noutra máis ampla que critica a deriva dunha institución "menos democrática, máis elitista, sen autonomía e con menos e peores servizos".
'Piedad', a memoria da aldea nun documental
O fotoxornalista Otto Roca debuta na longametraxe cun filme no que relata dous anos de vida de Piedad, enferma de alzheimer e aferrada aos recordos da súa pequena e despoboada aldea no rural. Estréase na Coruña este sábado. Vídeo no interior.
Galicia tamén quere auditar a débeda "ilexítima"
Organizacións, colectivos comarcais e cidadáns de todo o país reúnense este sábado no II Encontro Galego sobre a Auditoría da Débeda, no que prevén converterse no nodo do movemento estatal, que denuncia a través da análise e o control a "ilexitimidade" da débeda pública.
De Mesa asegura que "non se enganou a ninguén" durante a crise do Prestige
O ex delegado do Goberno advirte de que "a mentira tería un percorrido moi curto" e asegura que el non tiña "capacidade" para tomar decisións durante a catástrofe e que non deu "ningunha instrución a ninguén". Cualifica a xestión do accidente de "impecable".
Vigo abre en Galicia o "proceso constituínte" para unha nova Constitución
O movemento cidadán vigués xurdido no 15M únese á corrente estatal que promove "a construción pacífica e desde abaixo dunha nova norma fundamental froito dunha revolta democrática". O colectivo pide participación e achegas a partir do manifesto que vén de aprobar en asemblea.
"Feijóo quere un banco zombi en Galicia que merque a débeda da Xunta e que evite o rescate"
Clodomiro Montero, responsable de CIG-Banca, asegura que a intención da Xunta é "entregar" Novagalicia "a un fondo de investimento voitre e especulativo norteamericano" tras "baleirar" a entidade para vendela "máis barata".
Eu tamén son palestin@
A asociación Galiza por Palestina vén de poñer en marcha a campaña online 'impalestinian' para recoller apoios ao pobo palestino a través da difusión de fotografías con carteis reivindicativos.
O novo e difícil futuro concursal do Deportivo
O club coruñés entra oficialmente en concurso de acredores a piques de cumprirse 25 anos da chegada de Lendoiro á presidencia e coa imperiosa necesidade de quedar en Primeira para asegurar a súa viabilidade.
Galicia non ten segura a construción dos floteis se non gaña o concurso de Pemex
O consello de administración da petroleira mexicana será quen decida se a súa filial pode construír os barcos en Navantia e Barreras para vendelos no mercado internacional, malia que esta alternativa dáse por segura na Xunta. Así o asegura a Praza un conselleiro da empresa azteca.
As achegas públicas para a RAG descenderon nun 40% en dous anos
Malia o incremento pactado a última hora co Goberno galego, a dotación conxunta de Estado e Xunta baixou en case 600.000 euros nos últimos dous exercicios.