As mellores cualificacións dos premios de Bacharelato son de centros públicos
Doce dos quince mellores alumnos nos exames para estes galardóns de Galicia estudan en institutos públicos.
Os afectados polas preferentes ameazan con 'quitarlle' 1.200 millóns a Novagalicia
As plataformas galegas deciden "unanimemente" facer unha retirada masiva de cartos da entidade como medida de presión. "Podemos poñer o banco en serios problemas", din, e animan a cidadanía a unirse á protesta.
Por un clamor "maior e plural" contra as touradas na Coruña
Unha manifestación percorrerá a cidade o vindeiro domingo 4 de agosto "contra a tortura animal e a subvención municipal deste espectáculo". Os convocantes confían en superar a afluencia das últimas marchas ante un rexeitamento cada vez máis importante contra os festexos taurinos.
"A Lei de cadea alimentaria evidencia as miserias de Galicia e do seu goberno"
Malia as promesas do PPdeG e de Feijóo, a lexislación seguirá permitindo vender leite por baixo dos custos de produción. Roberto García, secretario xeral de UUAA, amosa a súa "decepción" coa Xunta e lamenta o "escaso peso" que Feijóo ten en Madrid.
O 'culebrón' de Pemex: dos 3.000 empregos á nada
A resolución sobre o 'tax lease' ameaza agora os acordos entre Pemex e a Xunta, tal e como recoñece Feijóo, e logo de meses de contradicións e dúbidas. Os estaleiros galegos, que deberían ter comezado a construúir dous floteis a principios de ano, seguen agardando.
As rapazas galegas tamén triunfan na area
A selección galega feminina proclámase campioa de España de fútbol praia tras os triunfos do Burela de fútbol sala. Pilar Neira, a súa adestradora, lembra que o equipo "aínda está esperando que chame algunha institución" para darlles os parabéns.
"É lamentable a falta de mobilización social durante o xuízo do Prestige"
Pedro Trepat, avogado de Nunca Máis, fai balance dun proceso que durou nove meses e que agarda sentenza para despois do verán. Espera que esta sexa "exemplarizante" e non dubida en criticar a ausencia de presión cidadá. "Falta conciencia cívica neste país", asegura.
Bárcenas apunta agora o PPdeG e a Romay Beccaría
O ex tesoureiro entrega ao xuíz Ruz tres carpetas con documentación compremetedora, unha delas con papeis do PP de Galicia, e asegura que Villar Mir quixo doar 300.000 euros ao PP en 2011 e que Rajoy ordenou que os cartos lle fosen entregados a Romay.
Alegacións masivas contra o plan mineiro da Xunta
Movementos contrarios á política mineira da Xunta promoven alegar en masa contra o Plan Sectorial de Actividades Extractivas, cuxo prazo para emendalo finaliza agora o vindeiro 19 de xullo.
Multas e sancións masivas perseguen os movementos sociais en Galicia
Activistas da Coruña acumulan case vinte propostas de sanción por participar en diferentes protestas e os afectados polas preferentes denuncian a "campaña de acoso e derribo" contra as plataformas a través de elevadas multas. Todos ven detrás a man do PP e do Goberno.
A privatización da arbitraxe das preferentes (e de moito máis)
A CIG denuncia que máis dun terzo do persoal que traballa no Instituto Galego de Consumo son asistencias técnicas e acusa a Feijóo de "non quere persoal funcionario temas politicamente sensíbeis".
Edgewater advirte de que continuará adiante co proxecto de Corcoesto
A multinacional canadense asegura que cumprirá cos requirimentos da Xunta e promete solvencia económica para a mina de Cabana de Bergantiños.