Vigo abre en Galicia o "proceso constituínte" para unha nova Constitución
O movemento cidadán vigués xurdido no 15M únese á corrente estatal que promove "a construción pacífica e desde abaixo dunha nova norma fundamental froito dunha revolta democrática". O colectivo pide participación e achegas a partir do manifesto que vén de aprobar en asemblea.
"Feijóo quere un banco zombi en Galicia que merque a débeda da Xunta e que evite o rescate"
Clodomiro Montero, responsable de CIG-Banca, asegura que a intención da Xunta é "entregar" Novagalicia "a un fondo de investimento voitre e especulativo norteamericano" tras "baleirar" a entidade para vendela "máis barata".
Eu tamén son palestin@
A asociación Galiza por Palestina vén de poñer en marcha a campaña online 'impalestinian' para recoller apoios ao pobo palestino a través da difusión de fotografías con carteis reivindicativos.
O novo e difícil futuro concursal do Deportivo
O club coruñés entra oficialmente en concurso de acredores a piques de cumprirse 25 anos da chegada de Lendoiro á presidencia e coa imperiosa necesidade de quedar en Primeira para asegurar a súa viabilidade.
Galicia non ten segura a construción dos floteis se non gaña o concurso de Pemex
O consello de administración da petroleira mexicana será quen decida se a súa filial pode construír os barcos en Navantia e Barreras para vendelos no mercado internacional, malia que esta alternativa dáse por segura na Xunta. Así o asegura a Praza un conselleiro da empresa azteca.
As achegas públicas para a RAG descenderon nun 40% en dous anos
Malia o incremento pactado a última hora co Goberno galego, a dotación conxunta de Estado e Xunta baixou en case 600.000 euros nos últimos dous exercicios.
A Xunta dedica á lingua tan só un terzo do que lle dedicou Fraga hai vinte anos
A CTNL cualifica de "insultante" o orzamento, que queda reducido á cuarta parte do de hai unha década e que supón un 0,06% do presuposto total da Administración. As accións de Política Lingüística caen un 90% con respecto a 2005.
O "culebrón" de Pemex volve cruzarse no camiño de Feijóo
O PSdeG pide unha "reunión urxente" coa SEPI para aclarar os contratos entre estaleiros galegos e a petroleira tras confirmarse o atraso na licitación e as contradicións entre Xunta e empresa desveladas por Praza.
"É unha vitoria máis dentro da caza de bruxas que sofre o galego"
Carlos Callón, presidente da Mesa, celebra a súa absolución tras a denuncia que o ex xuíz decano da Coruña presentara contra el por recordarlle que debía respectar o topónimo oficial da cidade. Fraga Mandián ten cinco día para recorrer a sentenza, algo que xa anunciou que faría.
"Moitos que piden lembrar as vítimas de ETA néganlle a dignidade ás do fascismo"
A exposición Galegos en Mauthausen chega a Fene para "recuperar a dignidade" dos cidadáns que sufriron cadea nos campos de exterminio nazi e baseada na obra do mesmo nome. O seu autor, Enrique Barrera, reivindica a memoria destes 200 galegos e a de todos as vítimas das ditaduras que seguen sen ser dignificadas.
A patronal galega do comercio úrxelles aos gobernos medidas para reactivar o consumo
A Federación Galega censura a liberalización de horarios e do período de rebaixas e insta as administracións a que prioricen políticas de crecemento por riba das propias do sector. "Seguen os recortes e o desemprego e todo sobe de prezo", denuncia.
O comité de Navantia perde a paciencia co contrato de Pemex
Os traballadores quéixanse da falta de información sobre o flotel encargado pola petroleira mexicana e dubidan xa de que se confirme. "Cremos que o PP vai quedar realmente mal", advirten.