Pemex deixa en evidencia a Xunta e nega que firmase contratos con estaleiros galegos
"Non hai asinado ningún contrato con estaleiros galegos", asegura o director xeral da petroleira mexicana, que aclara que a construción en Barreras e Navantia dos dous buques floteis que prometeu Núñez Feijóo non é segura e que queda a expensas do que decida a empresa estatal logo de consultar varias ofertas.
Os equipos de normalización piden aos partidos que "derroguen" a política lingüística de Feijóo tras o 21-O
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de enviar ás formacións políticas as súas propostas de cara ás eleccións nas que deixan claro o seu rexeitamento ás medidas do PP por "marxinar a aprendizaxe en galego e non asegurar a competencia mínima na lingua propia do estudantado".
O galego atópase en risco de "extinción dixital"
A rede europea de investigación Meta-Net alerta do perigo que supón para a lingua galega, pero tamén para o éuscaro e o catalán, a falta de adaptación tecnolóxica á sociedade da información. O estudo advirte do apoio "feble ou inexistente" cara ao idioma propio nalgúns ámbitos.
"Trasladar a planta do Irixo a outro lugar non é solución ningunha"
A 'Coordinadora A Incineradora No Irixo NON' declárase "contenta" pola marcha atrás da Xunta respecto da incineradora prevista na comarca ourensá, pero "preocupada" por unha política de residuos da Xunta coa que non están de acordo. "O que se fai en Galicia é unha barbaridade", aseguran.
"Preferiría non ter que ir a Madrid e que os problemas de Galiza se solventasen no país"
Rosana Pérez substituirá no Congreso dos Deputados a Francisco Jorquera, que este mércores presenta a súa renuncia como deputado na Cámara para poder centrarse na carreira cara ao 21-O. A que fora voceira do BNG na Pobra afronta o cargo "con moita ilusión, pero con moitísima responsabilidade".
A Xunta expedienta a Estela Eólica, renuncia á planta do Irixo e ampliará Sogama
Abre un procedemento administrativo á compañía por "incumprir o plan industrial asociado ao concurso eólico" que incluía a construción da planta no sur de Galicia. O Executivo confirma que ampliará o complexo de Cerceda para poñer en funcionamento a nova planta en 2017.
O Deportivo perde na casa máis dun ano despois
O Sevilla vence en Riazor (0-2) ante un equipo coruñés que puido sacar mellor resultado pero que foi superado pola maior calidade dos andaluces.
O Estado busca unha 'promesa' das distribuidoras que calmen os gandeiros na precampaña
O Ministerio de Agricultura pretende unha declaración das grandes superficies e das marcas na que se comprometan a subir o prezo do leite aos produtores, malia que os sindicatos lembran que o pretendido acordo "nin é efectivo nin obriga a ninguén". "Buscan un titular a pouco das eleccións", denuncian.
Conselleiros de Pemex censuran en México o contrato asinado cos estaleiros galegos
A prensa azteca destaca as duras críticas xurdidas polo contrato entre a Xunta e a petroleira, á que acusan de "ocultar o contrato" ao consello de administración, de non facer licitación pública e de asumir un investimento "nin estratéxico nin substantivo". "É o negocio turbio máis grande dos negocios turbios de México", di un diario.
"Cando se afastan os focos, axiña se esquecen dos éxitos do taekwondo"
O galego Marco Carreira preparou a Nicolás García para unha aventura olímpica que rematou cunha medalla de prata en Londres. Tan só unhas semanas despois, os triunfos dun deporte minoritario que deu tres metais á delegación española quedan no olvido. Como tantos outros. "Merecemos que se fixen en nós", di.
Recentralización, reválida e cartos para os centros segregadores: O ensino dá pasos atrás
O Goberno pon en marcha a sétima lei educativa da democracia, a través da cal o Estado imporá máis contidos ás autonomías, na que se blindan as subvencións a colexios que segregan por sexos, se implantan reválidas en todas as etapas e se reforzan materias básicas. Os sindicatos educativos critícana por "sectaria e elitista" e "usurpadora das competencias autonómicas".
A guerra de cifras polos empregos de Pemex no naval galego
Feijóo saca peito polos acordos coa petroleira mexicana que suporían, segundo di, 1.500 empregos para Navantia e outros tantos para Barreras. Os sindicatos rebaixan as cifras a un máximo de 353 postos de traballo na ría de Ferrol e de 450 en Vigo. O presidente da Xunta aproveita para cargar contra o "nivelazo" da oposición. Audio no interior.