Unha renda básica para todos os galegos en 2028?
O estudo Repartindo a riqueza, que se presenta este venres en Compostela, aborda "con realismo" a viabilidade económica e política da implementación da Renda Básica das iguais (RBis) no país.
A Xustiza obriga a Xunta a recuar na reforma lingüística ou enlamarse nunha batalla legal
Todas as sentenzas do TSXG sobre o decreto tumban o cerne da política lingüística do Goberno e empúrrano a rectificar ou teimar nos tribunais. O Executivo xa advertira que podería presentar un recurso de casación, aínda que abriu a porta a "axustes" na polémica norma.
A presión social obriga a Xunta a deter as fumigacións tóxicas
A Secretaría Xeral de Montes confirmalle ao Valedor do Pobo que denegou o permiso para a fumigación tóxica aérea que tiña prevista o Goberno galego e cuxa perigosidade levan meses denunciando varios movementos sociais.
"Tamén hai que saber ser galeguista nos supermercados"
O Foro Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros reactivan de cara ao Nadal a campaña 'Consumo gusto. Etiquetados en Galego' e piden aos defensores "da identidade e da lingua" que se manifesten tamén á hora de facer a compra. "O obxectivo é dobre: colaborar na galeguización do país e axudar os sectores produtivos galegos nesta crise".
O TSXG desoe a Galicia Bilingüe e tumba de vez o cerne da política lingüística da Xunta
A Xustiza desestima o recurso do colectivo que preside Gloria Lago, que pretendía que alumnos e familias puidesen elixir o idioma no ensino. O Goberno galego terá agora que decidir os cambios no decreto, logo de que o tribunal tumbase o núcleo da norma.
As universidades plántanlle cara aos recortes do Goberno
Todos os reitores do Estado len un comunicado conxunto no que piden un financiamento "sostible e suficiente" e alertan de que a falta de investimento en formación pon en perigo o futuro da sociedade e elimina "unha das armas necesarias para saír da crise: o coñecemento".
"Fiareime dos acordos só cando vexa que se aumenta o prezo do leite"
"A Administración decatouse de que estamos nunha situación sen saída", di Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG, que recoñece a importancia do pacto coa Xunta que, recorda, aceptou reivindicacións que o sindicato leva anos facendo.
A sanidade privatizada que nos vén enriba
A estratexia privatizadora da Comunidade de Madrid é tan só un banco de probas. Feijóo e Romay Beccaría xa quixeron implantar a colaboración público-privada no sistema sanitario desde o Goberno central e propuxérono logo en Galicia. O camiño está marcado.
A Xustiza volve cuestionar a política lingüística da que segue a presumir a Xunta
O TSXG admite tamén parcialmente o recurso do STEG e anula os dous artigos fundamentais do decreto, ao tempo que Feijóo gábase de que o seu modelo sexa exemplo para a reforma que pretende o ministro Wert.
"O Estado exerce a represión sindical para meterlle medo á xente"
Marcos Cadórniga é un dos sindicalistas absoltos o pasado martes pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de que se lle pedisen tres anos de cadea por participar nun piquete. Ve naquela condena unha "decisión política" do Goberno central, pero lembra que "a represión, moitas veces na historia, só alentou procesos de cambio".
"Nun país civilizado, calquera político relacionado co Prestige tería a súa carreira afundida"
Xosé Manuel Pereiro presentou este martes na Coruña Prestige, tal como foi, tal como fomos, unha crónica do desastre que vai desde a "chafallada" da xestión do desastre ata as solucións políticas, pasando pola reacción da xente, que para o autor demostrou "que Galicia estaba moito máis viva do que nos parecía".
A reforma de Wert colocaría o galego como lingua residual no ensino
O borrador da lei educativa situaría o galego como materia "de especialidade", por baixo das troncais e das específicas e permitiría que se impartise tan só unha hora á semana e obter o título de ESO sen demostrar competencia nel. O ministro de Educación nega que se ataque o modelo catalán.