Un informe de expertos eleva os riscos da mina de Corcoesto
Catro profesores universitarios alertan dunha concentración de arsénico máis alta da que di a empresa e pide controis máis exhaustivos. "Se non se adoptan as medidas oportunas, pode haber graves efectos sobre o medio ambiente e a saúde pública", din.
Facenda xa recadou tres millóns de euros na súa campaña contra os emigrantes
Cada un dos afectados paga unha media de ata 2.500 euros entre a declaración pola súa pensión do estranxeiro, a multa e os intereses de demora. A cantidade recadada en Galicia tan só é o inicio dunha campaña que se ampliará a máis persoas e a máis exercicios fiscais.
Almunia dinamita o naval, que terá que devolver as axudas do 'tax lease'
O comisario da Competencia anuncia que o sector terá que reintegrar as bonificacións fiscais, aínda que aclara que deberán ser armadores e investidores os que o fagan e non os estaleiros. A decisión definitiva chegará o vindeiro 17 de xullo.
"O PP só atrasou o inevitable; as touradas desaparecerán de Galicia"
Rubén Pérez, voceiro de Galicia Mellor Sen Touradas, destaca os "febles" argumentos da dereita a prol das touradas e móstrase convencido da futura abolición da tauromaquia no país malia o rexeitamento do grupo popular nun primeiro intento no Parlamento.
Facenda segue a multar emigrantes e agrava a situación dos pensionistas galegos
Milleiros de galegos seguen a ser sancionados por non declarar pensións do estranxeiro. O conflito faise masivo en Galicia e a oposición denuncia o "afán recadatorio" da Axencia Tributaria, que prevé ampliar a campaña aos emigrados en América.
O PP rexeita abolir as touradas porque "non hai risco de que proliferen" en Galicia
Vota unanimamente en contra da proposición do BNG, ao que acusa de "ansias rupturistas cun festexo español". O grupo popular defende as corridas polo "mantemento do touro de lidia" e das "dehesas", malia recoñecer a escasa aceptación que teñen no país.
Alegación conxunta contra "a criminalización da protesta na rúa"
Francisco Jorquera, xunto ao resto de sancionados pola paralización do desaloxo de Aurelia Rey, presentan alegacións aos expedientes e denuncian a "desviación do poder" que leva a cabo o Goberno para "perseguir por vía administrativa" a contestación social.
O bipartito renunciou a ter representación nas comisións de control das caixas
O conselleiro de Economía do Goberno de coalición PSdeG-BNG, José Ramón Fernández Antonio, asegura que o Banco de España nunca lle amosou á Xunta ningunha "preocupación" pola "solvencia" de Caixa Galicia nin Caixanova
O desmantelamento dos centros de orientación familiar en Galicia
O Colexio Oficial de Psicoloxía denuncia a progresiva supresión de profesionais e medios nos dez centros para a atención pública da saúde sexual e reprodutiva no país e analiza as eivas de cada un deles.
"A crise é un burato negro que absorbe todo e o cambio climático deixa de ser prioritario"
O investigador da USC, Pablo Ángel Meira, presenta a terceira parte do informe no que se analiza a resposta da sociedade española ante o cambio climático.
Deportivo Galicia, o equipo dos galegos na liga inglesa
O único club 'español' federado en Inglaterra busca apoios para seguir subindo chanzos e cumprir o seu soño de disputar a FA Cup representando a súa terra e "levando con orgullo a banda azul no peito".
Fotografías de mirada galega contra a megaminería de ouro
Delmi Álvarez inicia un proxecto documental que denuncia as ameazas dos megaproxectos mineiros en Europa. 'In the name of Gold' comeza nunha aldea de Romanía onde o pobo resiste ante a futura implantación dunha xigante mina de ouro, pero seguirá por Galicia ou Bulgaria.