Aurelia non será desafiuzada pero a presión social continúa
Paralízase o desaloxo tras o acordo coa familia propietaria, que dá dous meses á muller de 85 anos para que busque unha nova vivenda. Uns trinta activistas permaneceron pechados nos Servizos Sociais da Coruña sete horas na procura dunha xuntanza co concelleiro que non chegou.
Verónica Boquete loita pola igualdade no fútbol, tamén nos videoxogos
A futbolista galega lanza unha campaña en internet na que solicita á multinacional EA Sports que inclúa xogadoras e equipos femininos no prestixioso videoxogo FIFA.
A operación urbanística que pretende expulsar a Aurelia
O intento de desafiuzamento da anciá coruñesa débese a un "claro caso de 'mobbing' inmobiliario" derivado dun "sistema urbanístico inxusto" que pretende "desaloxar do centro da cidade unha poboación envellecida e precaria", segundo explica un colectivo de arquitectos.
"Se non se para a orde de desafiuzamento, non haberá negociación de ningún tipo"
A ameaza de desaloxo continúa sobre Aurelia Rey e Stop Desahucios pide que a anciá de 85 anos "poida valorar calquera tipo de oferta sen atoparse condicionada pola amenaza de ser expulsada da súa casa".
O veto do Celta a Salva, o 'admirador' de Tejero
A negativa do club á fichaxe do ex futbolista como segundo adestrador de Abel Resino levanta a polémica. As controvertidas declaracións do ex xogador, a súa afinidade coa ultradereita e o rexeitamento da afección celtiña acabaron por impedir a súa chegada a Vigo.
Aurelia Rey quere quedar na súa casa e rexeita a vivenda social que lle ofrece a Xunta
O IGVS ofrécelle dúas alternativas moi afastadas do seu barrio mentres seguen as negociacións para acadar un aluguer social máis achegado. A opción de que manteña o seu fogar está case descartada e as mobilizacións continúan ante o temor a un novo intento de desaloxo.
Tensión, agresións e bombeiros heroes para deter o desaloxo dunha anciá
A presión cidadá detén temporalmente o desafiuzamento na Coruña de Aurelia Rey, unha muller de 85 anos. Os funcionarios xudiciais e a Policía intentan levar a cabo o lanzamento aproveitando a ausencia de manifestantes e xornalistas e a tensión acaba con varios cargos políticos no chan. Vídeos e galería de imaxes no interior.
Fracasa o intento de desaloxo 'sorpresa' dunha anciá de 85 anos na Coruña
A Policía e funcionarios xudiciais aproveitan a marcha dos manifestantes e da prensa para intentar o desafiuzamento de Aurelia Rey. A presión cidadá impide o desaloxo tras varios momentos de tensión nos que os concelleiros Carril e Santiso e mais o deputado Jorquera foron zarandeados. Video no interior
Madrid e a Xunta danlle o golpe definitivo ao sector eólico galego
Patronal e expertos coinciden no negro futuro dun sector que algúns xa dan por desaparecido en Galicia. A "inseguridade xurídica" provocada por Feijóo coa anulación do concurso do bipartito e o novo decreto lei do Executivo central acaban co potencial eólico tras eliminar xa milleiros de empregos.
A crise ponlle alfombra vermella á minaría contaminante en Galicia
As promesas de emprego e o desleixo e as facilidades da Administración ábrenlle o camiño a polémicos proxectos mineiros que ameazan con "arrasar" o país. "Este é o momento idóneo e iso sábeno as compañías e o Goberno galego", din os expertos.
"É difícil reter talento na Universidade cos salarios que se poden ofertar"
Xosé Luís Armesto, reitor da Universidade da Coruña, analiza os cambios que afronta a institución ante os duros recortes, advirte do aumento das renuncias ante a suba de taxas e lembra que os axustes "impedirán saír da crise pola vía do coñecemento".
"Rexeitar o galego na escola é aceptar ser máis ignorantes; o castelán xa está en todos lados"
Itziar Idiazabal, coordinadora da Cátedra Unesco de Patrimonio Lingüístico Mundial da UPV e experta no ensino bilingüe, reflexiona sobre os modelos escolares e a situación das linguas minorizadas no Estado. "Canto máis e mellor se aprenda o galego ou o vasco, mellor se aprenderá o español", di.