Os responsables políticos do Prestige, 'premiados' con máis e mellores cargos
Nunca Máis e Greenpeace denuncian que ningún deles sentará no banco dos acusados no xuízo. Arias Cañete volve ser ministro, Fernández de Mesa é director xeral da Garda Civil e Álvarez Cascos foi presidente de Asturias. Mariano Rajoy era daquela vicepresidente e encargado de coordinar a xestión da crise.
Os traballadores públicos da Xunta cargan contra Feijóo e piden "votar en consecuencia"
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta emite un duro comunicado contra "os recortes exclusivos á clase traballadora" do Goberno do PP, ao que acusa de usar o aforro e a austeridade "para desmantelar os servizos públicos".
Rajoy pide o voto para Feijóo pero sen Feijóo advertindo do perigo dun "bipartito empeorado"
O presidente do Goberno central acode a un acto con militantes na Coruña sen a presenza do seu candidato en Galicia e carga con dureza contra "a alternativa a cinco" que suporía a perda da maioría absoluta do PP. Ademais, alude "á unidade" de España como receita para saír da crise.
Feijóo enche o mitin da Coruña con centos de buses chegados de toda Galicia
Máis de 150 autocares, que transportaron a milleiros de simpatizantes do PP ata a cidade coruñesa mentres Rajoy facía campaña sen Feijóo pola montaña de Lugo
Rubalcaba di que Feijóo quere gañar as eleccións "para buscar un posto en Madrid"
O líder do PSOE pide o contrato de Pemex como "membro da Comisión de Segredos Oficiais do Congreso", mentres Pachi Vázquez esixe que o teórico arranxo da tarifa de Alcoa se concrete "no BOE".
"O rescate significa o desastre para a sociedade española; o pobo debe resistir"
Starvos Karagkounis, membro de Syriza, advirte da desfeita que lle espera á cidadanía "se acepta o que di o señor Rajoy". Recomenda a unidade da esquerda real e apela á resistencia, nas protestas pero tamén nas urnas. "Se a esquerda quere gobernar, precisa que o pobo estea na rúa", di.
Alternativa colle forzas co apoio das 'Syrizas' europeas
A formación galega recibe o soporte dos líderes europeos da Syriza grega e do Front de Gauche francés nun concorrido mitin na Coruña. Beiras aposta pola "internacionalización do combate contra o actual sistema económico", mentres o voceiro heleno advirte de que o cambio en España "comezará no norte".
A Xunta Electoral volve sancionar o Goberno Feijóo e o PSOE pide á Fiscalía que actúe
É a novena vez que a Xunta incumpre a Lei Electoral desde que se convocaran as eleccións. Os socialistas piden que se "tomen medidas drásticas canto antes" e cualifican de "alarmante" os continuos incumprimentos da norma.
Jorquera acusa a Feijóo de "volver mentir" no debate mentres apela ao espírito de Nunca Máis
O candidato do BNG amósase "satisfeito" do cara a cara co candidato do PP nun acto polo décimo aniversario do Prestige no que reclamou a transferencia a Galicia das competencias en seguridade marítima. "No mar de Galiza deben mandar os galegos", di.
"O Goberno español e a Xunta aínda non aprenderon a lección do Prestige"
A plataforma Nunca Máis fai balance dez anos despois da catástrofe e, malia os avances nas políticas de seguranza e salvamento, destaca nun informe que os retrocesos e as eivas son aínda maiores.
Nunca Máis reactívase co xuízo do Prestige para berrar "contra a impunidade"
A plataforma chama a cidadanía a que se manifeste o día 16 na Coruña e lembra que "é moi posible" que Galicia puidese sufrir outra catástrofe ante as eivas na prevención.
Conselleiros de Pemex piden explicacións á petroleira polos contratos en Galicia
Remiten unha carta ao director xeral da compañía estatal para que "aclare dúbidas" sobre os acordos e amosan a súa estrañeza polas declaracións contraditorias da empresa.