A crise e os recortes sociais aumentan o estrés e a depresión nos maiores
O galego Raimundo Mateos, presidente da Sociedade Española de Psicoxeriatría, advirte que a terceira idade "é o colectivo máis afectado, vulnerable e desfavorecido" ante os problemas económicos e pide o aumento do gasto sanitario e a prevención.
Beiras pide derrotar nas urnas un PP "que xa está derrotado politicamente"
O candidato de Alternativa Galega insiste nunha "rebelión cívica que xa está en marcha", mentres Yolanda Díaz apela aos votantes descontentos do PSdeG e incide nos malos datos económicos dun Feijóo "mentireiro e insolvente".
A Xunta incumpre a Lei Electoral por oitava vez
A Xunta Electoral volve sancionar o Goberno galego polo uso partidista dos actos institucionais en plena campaña electoral. Desta vez, considera ilegal a visita da conselleira de Sanidade ás obras do Hospital de Vigo.
Nace Zona Press, a revista galega para os amantes do baloncesto
A publicación en galego mestura a actualidade coas reportaxes, as entrevistas e a análise, ademais de contidos culturais relacionados cun deporte con milleiros de afeccionados en Galicia.
Pemex tamén nega en México que vaia construír remolcadores en Galicia
Unha carta dun directivo da petroleira a un armador mexicano, á que tivo acceso Praza, asegura que o convenio entre a Xunta e a empresa azteca é "inexistente". Estaleiros e grandes firmas de México presionan para que Pemex cancele os acordos co Goberno galego e medios acúsanos de intentar "un boicot".
Cayo Lara sitúa Galicia como a clave para "deter" as políticas de Rajoy e do PP
O coordinador federal de IU dá o seu apoio a Alternativa Galega, acusa a Feijóo de ser "corresponsable" dos recortes e axustes do Goberno central e cre que "o principio do cambio" no Estado "pode empezar" coas eleccións galegas. "Ao día seguinte non valerá de nada chorar", asegura.
Galicia acollerá unha campaña tinguida de manifestacións na rúa
Traballadores públicos, gandeiros, estudantes e cidadanía en xeral están convocados a varias protestas durante os quince días nos que os partidos políticos pedirán o voto. As primeiras marchas, este mesmo xoves, a poucas horas da pegada de carteis.
Folga e manifestacións estudantís para o día 11 en Galicia
Varias organizacións xuvenís do Estado, entre elas as galegas Liga, Comités e Agir, convocan o 'Día Internacional de Loita Estudantil' para "protestar contra as reformas e recortes levados a cabo na educación e impostas pola UE e o gran capital".
O PP rexeita que Feijóo aclare os contratos de Pemex e négase a facelos públicos
PSdeG e BNG amosan a súa "desconfianza" no presidente da Xunta ao non dar explicacións sobre os acordos coa petroleira mexicana logo de dicir que non tiña "inconveniente ningún" en mostrar os convenios. "Non se pode ir de chulo nas roldas de prensa; ou é un chulo ou é un mentireiro", queixouse Abel Losada durante a Deputación Permanente.
A Xunta prevé contestar ás dúbidas de Pemex co anuncio de dous remolcadores en plena campaña
Sería froito do acordo estratéxico asinado con Pemex e faríase público nos vindeiros días, en plena campaña, aínda que os armadores de México aseguran que a petroleira estatal rexeitou construír os buques en España.
A web que o candidato Feijóo nunca quixo ter que ler
A páxina 'feijoo2012.com', que denuncia os incumprimentos do presidente autonómico e a "nefasta" xestión da Xunta na última lexislatura, supera todas as expectativas e xa acumula unha media de 5.000 visitas diarias. "Estamos desbordados", recoñece un dos seus creadores, que nos desvela varios dos seus segredos.
"Pemex non está amarrado a ningún contrato cos estaleiros galegos"
Fluvio Ruiz Alarcón, conselleiro profesional da petroleira mexicana, dá a cara e explica a Praza todos os detalles da polémica xurdida arredor dos buques hoteis aos que aspira o naval galego. Aclara que os floteis poden ser construídos en Galicia, pero confirma tamén que o difundido pola Xunta non se corresponde coa realidade. "Deuse por feito o que aínda debe pasar por varios comités e consellos", explica.