Madrid e a Xunta danlle o golpe definitivo ao sector eólico galego
Patronal e expertos coinciden no negro futuro dun sector que algúns xa dan por desaparecido en Galicia. A "inseguridade xurídica" provocada por Feijóo coa anulación do concurso do bipartito e o novo decreto lei do Executivo central acaban co potencial eólico tras eliminar xa milleiros de empregos.
A crise ponlle alfombra vermella á minaría contaminante en Galicia
As promesas de emprego e o desleixo e as facilidades da Administración ábrenlle o camiño a polémicos proxectos mineiros que ameazan con "arrasar" o país. "Este é o momento idóneo e iso sábeno as compañías e o Goberno galego", din os expertos.
"É difícil reter talento na Universidade cos salarios que se poden ofertar"
Xosé Luís Armesto, reitor da Universidade da Coruña, analiza os cambios que afronta a institución ante os duros recortes, advirte do aumento das renuncias ante a suba de taxas e lembra que os axustes "impedirán saír da crise pola vía do coñecemento".
"Rexeitar o galego na escola é aceptar ser máis ignorantes; o castelán xa está en todos lados"
Itziar Idiazabal, coordinadora da Cátedra Unesco de Patrimonio Lingüístico Mundial da UPV e experta no ensino bilingüe, reflexiona sobre os modelos escolares e a situación das linguas minorizadas no Estado. "Canto máis e mellor se aprenda o galego ou o vasco, mellor se aprenderá o español", di.
O agro galego, a alternativa de futuro que emerxe en plena crise
A crise detén o abandono do rural, que agroma como unha oportunidade laboral para o país. A falta de estratexia desde os poderes públicos impide a consolidación dun sector agrario que aspira a ser clave no desenvolvemento económico futuro, pero que precisa axuda e valentía política. "Temos un enorme potencial e hai condicións para darlle a volta", di Edelmiro López.
Histórica folga en Novagalicia Banco contra o ERE
Os sindicatos falan dun seguimento "masivo", de ata o 90% de media, do paro xeral contra os plans de reestruturación da entidade, que rebaixa as cifras ao 43%.
Os traballadores de Novagalicia serán os únicos que vaian á folga
Os sindicatos de Bankia e Banco de Valencia, que se uniran tamén ao paro deste mércores 6, desconvocáno tras o achegamento de posturas coas entidades nas súas respectivas negociacións dos ERE. Os sindicatos de NGB esperan "unha resposta masiva" ante a reestruturación "máis salvaxe e dramática" do sistema financeiro.
Unha folga estudantil que se prevé histórica contestará con dureza á Lei Wert
Unhas 25 manifestacións en toda Galicia centrarán a protesta do estudantado galego contra a Lomce e os recortes en educación, nunha xornada na que os sindicatos agardan "unha resposta masiva".
Táboas, unha web en galego para o deporte galego
Un novo portal galego de información deportiva salta á Rede, na que procura un xeito diferente de falar de fútbol, balonmán ou baloncesto, "fuxindo do xornalismo de trincheiras".
O cobro do IBI á Igrexa esténdese xa por varios concellos galegos
Mondoñedo e Monforte, gobernados polo BNG, ultiman os trámites para aplicarlle o tributo aos bens eclesiásticos non destinados ao culto, tras a sentenza favorable ao Concello de Allariz. "Todos somos iguais ante a lei e, para os crentes, todos somos iguais ante Deus", di o rexedor monfortino.
Feijóo segue o camiño de Galicia Bilingüe, que xa recorreu a sentenza do decreto
O Tribunal Supremo admite a trámite o recurso do colectivo, que lanza unha campaña para solicitarlle ao presidente da Xunta que tamén acuda á Xustiza, algo que xa prepara o Goberno galego.
"Os Orzamentos da Xunta están feitos por un contable que só recibe instrucións"
O economista Manuel Lago fai balance da situación económica e laboral de Galicia, acusa a Xunta de non ter "idea nin proposta ningunha" e culpa dos pésimos datos de desemprego á "influencia negativa" do Goberno de Feijóo, ao que define como "un fundamentalista dos principios neoliberais"