- Vídeo
- Cultura
O Apalpador que ha vir pola noite
Un documental elaborado pola Gentalha do Pichel nas montañas do leste de Galicia revela "a verídica e xenuína tradición de inverno" desta figura mítica que colle pulo nas vilas e cidades galegas desde hai anos. Vídeo no interior.
A AGAL celebra os dez anos do Portal Galego da Língua esperançada no futuro do reintegracionismo
A Associaçom Galega da Língua celebrou um jantar-homenage com motivo dos dez anos que neste 2012 cumpriu o Portal Galego da Língua (PGL), "umha das peças chave para entender o que hoje é o discurso sobre a língua e os avanços para a visom lusófona do idioma".
Os médicos volven rebelarse ante os "inadmisibles" recortes de Feijóo
O Colexio Oficial de Médicos da Coruña rexeita nun duro comunicado a redución de salario aos empregados públicos e cre que é "moralmente reprobable manter o indecente número de cargos públicos a conta da saúde dos cidadáns".
O funcionarios seguen a sufrir recortes tras perder o 10% de poder adquisitivo nun ano
Os novos axustes aplicados aos empregados públicos agravarán a caída na súa capacidade adquisitiva, que sufriu un descenso do 33% na última década. Táboa no interior.
Doafund comezará en xaneiro a "apadriñar" familias en risco de desafiuzamento
A web galega permite facer achegas económicas para evitar desaloxos e busca completar a listaxe de persoas a piques de perder a súa casa para comezar a conseguir cartos e facer fronte ás débedas co banco.
A Xunta recortará o soldo dos funcionarios en 2013
Facenda anunciará este venres a medida aos sindicatos, malia que Feijóo prometera non esixir máis sacrificios aos traballadores públicos. O Goberno non concreta o recorte pero avanza que recortará a paga extra en 2013 aínda que o Executivo central non o ordene. As centrais advirten que a Xunta "acaba de pasar a liña vermella".
Industrias ofrecen xa subir o prezo que pagan polo leite a algúns gandeiros
Son iniciativas esporádicas e illadas dalgunha empresa e nalgunhas comarcas. A Xunta presentaralle o venres aos sindicatos un borrador dunha proposta para dotar ás explotacións de máis superficie agraria destinada á produción de alimentos para os animais.
O acordo que mantén a esperanza dos gandeiros galegos
Praza accede ao documento asinado por produtores e Goberno galego no que a Administración se compromete a tomar medidas para incrementar o prezo do leite e mellorar as condicións das explotacións. Os sindicatos insisten en que é "un bo punto de partida".
O representante da USC no Consello de Estudantes 'planta' o pleno en protesta polas políticas de Wert
Censura un organismo que considera "unha farsa" por "intentar amosar normalidade" e "fuxir de calquera diálogo ou debate". Preto de 25 organizacións estudantís entregan no Ministerio un informe sobre a Lomce, á que cualifican de "mercantilista, capciosa e clasista".
Representantes de alumnos no Consello de Estudantes boicotearán a reunión co Goberno
Os sindicatos estudantís, entre eles os das universidades galegas, preparan unha acción de protesta contra un organismo que "non permite o diálogo" e que consideran "ilexítimo e non democrático".
O aval "cómplice" da Xunta á "bomba ambiental" de Corcoesto
A plataforma veciñal contraria á mina e colectivos ecoloxistas denuncia que a Declaración de Impacto Ambiental da Xunta está "feita á medida" da empresa explotadora e que "asume as súas teses" sen cuestionar os riscos e eivas do proxecto. Adega alerta dun futuro "Aznalcóllar" na Cabana de Bergantiños.
O Deportivo esgota a paciencia de Riazor
Riazor despide o equipo con asubíos por primeira vez en moito tempo logo do empate ante o Valladolid (0-0).