A Xustiza volve cuestionar a política lingüística da que segue a presumir a Xunta
O TSXG admite tamén parcialmente o recurso do STEG e anula os dous artigos fundamentais do decreto, ao tempo que Feijóo gábase de que o seu modelo sexa exemplo para a reforma que pretende o ministro Wert.
"O Estado exerce a represión sindical para meterlle medo á xente"
Marcos Cadórniga é un dos sindicalistas absoltos o pasado martes pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de que se lle pedisen tres anos de cadea por participar nun piquete. Ve naquela condena unha "decisión política" do Goberno central, pero lembra que "a represión, moitas veces na historia, só alentou procesos de cambio".
"Nun país civilizado, calquera político relacionado co Prestige tería a súa carreira afundida"
Xosé Manuel Pereiro presentou este martes na Coruña Prestige, tal como foi, tal como fomos, unha crónica do desastre que vai desde a "chafallada" da xestión do desastre ata as solucións políticas, pasando pola reacción da xente, que para o autor demostrou "que Galicia estaba moito máis viva do que nos parecía".
A reforma de Wert colocaría o galego como lingua residual no ensino
O borrador da lei educativa situaría o galego como materia "de especialidade", por baixo das troncais e das específicas e permitiría que se impartise tan só unha hora á semana e obter o título de ESO sen demostrar competencia nel. O ministro de Educación nega que se ataque o modelo catalán.
Ferrín advirte que a supervivencia da RAG "está en perigo"
Solicita á Xunta que compense nos seus Orzamentos o duro recorte na achega económica do Estado e denuncia a "gravísima" discriminación da entidade con respecto a outras academias, logo dunha reunión con deputados de AGE. Estuda tamén recorrer a sentenza do TSXG que estima só parcialmente o seu recurso.
'Imos?' ou como atopar co móbil as melllores tabernas galegas
Unha aplicación creada por tres mozos galegos axuda a buscar os mellores furanchos, restaurantes e praias do país a través do teléfono. A guía social de Galicia destaca en vendas en varias plataformas de descargas.
"O acordo alcanzado pode marcar un antes e un despois no sector gandeiro galego"
Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, fai balance tras a folga de entregas de leite en Galicia. Está satisfeito co resultado, xa que considera que se conseguiu trasladar á sociedade "o drama" de milleiros de familias gandeiras, ademais de compromisos históricos coa industria e a Administración.
"Nas aulas hai conflito lingüístico e co decreto aínda houbo máis"
Valentina Formoso é responsable da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Cgednl). Considera "positiva" a sentenza do TSXG, pero aclara que os seus beneficios dependerán de como resolvan os gobernantes a anulación deses dous artigos claves.
A folga dos gandeiros continuará malia as perdas e as “presións” da industria
O paro de entregas de leite seguirá ata que as empresas se comprometan a subir os prezos, logo de que se deixasen de vender 6 millóns de litros este martes. Os sindicatos recoñecen a dificultade de alongar moito o conflito.
"O peor da política lingüística da Xunta son os prexuízos que trasladou á sociedade"
Nel Vidal é presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), que vén de enviarlle unha carta a Feijóo na que pide a "volta ao consenso" arredor do idioma e que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pase a ser "unha área transversal no organigrama do novo Executivo".
CIG e técnicos de normalización piden que a Xunta "volva ao consenso" coa lingua
Pídenlle a Feijóo que regrese ao acordo arredor do Plan Xeral de Normalización Lingüística. A CTNL reclama tamén que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pase a ser "unha área transversal no organigrama do novo Goberno".
"A banca ten a forza e se pode levarte por diante, lévate"
Ricardo Barcia iniciou o pasado luns unha folga de fame e unha acampada diante dunha sucursal de Ibercaja en Vigo para reclamar a dación en pago e saldar así a débeda contraída co banco. Tras dez horras de protesta, a entidade aceptou o acordo. O afectado espera agora que se cumpra a promesa e reflexiona sobre a súa situación e a de tantos milleiros de persoas.