O paro baixa en Galicia en máis de 6.500 persoas
O descenso do 2,26% é superior ao do Estado, onde o número de parados baixa en case 100.000 persoas (-1,97%) no mellor mes de maio nos últimos anos grazas ao inicio da campaña do verán e aos festivos de maio.
Edgewater busca extraer ouro por toda Galicia e tratalo logo en Corcoesto
Ve "prioritario" obter os dereitos de todo o cinto aurífero e concentrar o tratamento en Cabana, facendo rendible o negocio e evitando o uso de cianuro e as conseguintes protestas nas novas zonas mineiras, segundo denuncia Adega.
A outra televisión xa dá os seus primeiros pasos
Galiza Ano Cero lanza a súa campaña de microfinanciamento e comeza a recadar fondos para iniciar a súa programación, da que xa se poden ver os primeiros debates e entrevistas gravadas.
Os exemplos de Asturias nos que se mira Corcoesto
Edgewater convida veciños de Bergantiños a visitar varias minas semellantes á que se pretende en Corcoesto e que denuncias por contaminación. O proxecto de Salave, case idéntico ao galego, a piques de ser paralizado tras a presión cidadá e a negativa do Principado a apoialo.
O científico que avalía o impacto de Corcoesto nas augas defende a mina na UE
Un catedrático encargado do informe sobre a posible contaminación dos mananciais e ríos da zona viaxa a Bruxelas xunto a empresa para avalar o proxecto mineiro na Eurocámara.
Todos contra a megaminería
Unha marcha "unitaria e apartidista" protestará este domingo en Compostela contra a política mineira da Xunta, á que se opoñen unanimamente todos os colectivos sociais, sindicais e políticos agás o PP.
Galicia únese contra a Troika en cinco manifestacións
A Coruña, Lugo, Ourense e Compostela engádense a Vigo na marcha europea que percorrerá unhas cen cidades do continente para protestar "contra as políticas de austeridade e a ditadura dos mercados". Mapa no interior.
"A reforma da lei do aborto non ten apoio social; é unha imposición da dereita máis rancia"
A Plataforma Galega Pola Defensa do Dereito ao Aborto volve á rúa para rexeitar a reforma lexislativa que atribúe á presión exercida pola Igrexa sobre a dereita máis "clasista, retrógrada e machista", á que acusa de intentar "aproveitar a súa maioría absoluta" para impoñer as súas teses máis extremas.
A última xornada de Liga depara un drama para o fútbol galego
Deportivo ou Celta, ou incluso os dous, baixarán a Segunda tras a última xornada, na que os branquiazuis son os únicos que dependen de si mesmos pero reciben unha Real Sociedad que busca praza na Liga de Campións.
Loita de sinaturas e argumentos pola mina de Corcoesto
Salvemos Cabana presenta no Parlamento 23.000 firmas contra o proxecto, mentres o colectivo favorable reúne unhas 5.500 e defende a infraestrutura "aínda que só dea traballo un ano". PSdeG, AGE e BNG reiteran o seu rexeitamento frontal á infraestrutura e piden á Xunta que recapacite.
O plan alternativo ao proxecto mineiro de Corcoesto
Salvemos Cabana presenta ás administracións un plan de viabilidade económica que aposta polo sector primario, a produción orgánica e o turismo de calidade para xerar emprego e benestar na comarca en contraposición á polémica mina.
Vigo será a voz galega na marcha dos pobos europeos contra a troika
Acollerá o vindeiro 1 de xuño unha manifestación que se une ás máis de setenta previstas en varias cidades europeas baixo o lema 'Pobos Unidos contra a Troika'. Vídeo no interior.