A Xunta converte a festa do Centro Galego de Barcelona nun acto de campaña do PP
O que ía ser unha celebración polo 120 aniversario desta institución da emigración en Catalunya acaba convertida polo Goberno galego nun mitin político a favor de Alicia Sánchez-Camacho, candidata popular á Generalitat.
Reiníciase o xuízo do Prestige xusto dez anos despois da catástrofe
Declarará o capitán do barco e principal acusado, Apostolos Mangouras, para o que se piden 12 anos de cadea. Hai unha década, o petroleiro lanzaba a súa primeira chamada de socorro.
Silleda tamén se rebela contra os bancos e os desafiuzamentos
O Concello paraliza o desaloxo dunha familia grazas á intervención dos seus servizos xurídicos, impide á policía local actuar nos embargos e advirte, ao igual que Ares, que cancelará as contas das entidades que leven a cabo desafiuzamentos. Vigo e Pontevedra tamén acordan medidas contra as entidades bancarias.
"Apoiemos a folga xeral contra o ataque permanente ao ensino público"
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pide secundar o paro e as mobilizacións cidadás do 14N para denunciar "os constantes recortes" que sofre a ensinanza pública e o anteproxecto de lei educativa do ministro Wert.
"As protestas deben ser cada vez máis numerosas se queremos parar as políticas do PP"
Xesús Seixo, secretario xeral da CIG, confía en que a sociedade galega "dea un resposta importante" ás políticas do PP na folga xeral do vindeiro día 14 e cre que a coincidencia de protestas en varios estados europeos é fundamental para amosar "unidade" ante o BCE, a UE e o FMI.
PP e PSOE meditan xa volver cambiar a lei electoral para impulsar o voto emigrante
PPdeG e PSdeG amósanse en contra da reforma consensuada polos seus partidos en Madrid hai pouco máis dun ano e apostan por eliminar o voto rogado tras a elevada abstención nos últimos comicios autonómicos. "Non creo que sexa difícil chegar a un acordo", di o secretario xeral de Emigración.
"É unha folga política porque loitamos contra as políticas que nos empobrecen"
Convencido do éxito da folga xeral, José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT-Galicia, lembra que o paro "non debe ser só laboral, senón unha mobilización social" e insta o Goberno a que se "agarre" ao malestar social para "rachar coas máximas que impón a UE e Merkel".
Milleiros de pedras para homenaxear a 'marea branca' do Prestige
Xabier Garrido, percebeiro e artista de Oia, presenta o seu monumento, un enorme tronco que será inaugurado o vindeiro 19 de novembro e que estará decorado coas máis de 1.600 pedras enviadas por voluntarios que colaboraron na limpeza da costa galega.
Máis de 40 sociedades científicas acusan o Goberno de poñer a I+D+i na man dos mercados
Un total de 42 organizacións do Estado, en representación de máis de 25.000 científicos, censuran con dureza os plans do Goberno en ciencia, tecnoloxía e innovación para os vindeiros anos e lembran que a estratexia "pasa de buscar a mellora do benestar social a estar dirixida polas empresas"
"Só é cuestión de tempo que ocorra outro Prestige"
Greenpeace elabora dun detallado informe no décimo aniversario da catástrofe no que advirte de que outro sinistro semellante é máis que probable "mentres se continúe a depender do petróleo e mentres a Xustiza non teña os suficientes recursos para afrontar os delitos ambientais".
"A esquerda en Galicia debería tomar exemplo da unidade sindical"
Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO-Galicia, cre que a folga xeral terá aínda máis apoio que a última en Galicia e pide que a colaboración sindical se traslade tamén ao ámbito político progresista. "Se nos metemos en liortas partidarias, o PP seguirá encantado e continuará gobernando este país", di.
"A esquerda e o nacionalismo non poden devolver os golpes do PP; hai que levar a iniciativa"
Antón Sánchez, futuro deputado de AGE no Parlamento, asegura que a coalición "será unha forza á ofensiva" na Cámara. Este labrego de Bergondo confía no futuro da formación e advirte, tras o éxito urbano de Alternativa, que "todos os cambios de tendencia política en Galicia empezaron nas cidades".