A Xunta para a decisión sobre a planta do Irixo, pero negocia xa a súa instalación en Cerceda
O Executivo galego asume que o proxecto de Estela Eólica "pinta mal" e paraliza a solución para a incineradora do sur por mor do adianto electoral, malia que conta con que sexa Sogama quen acolla a infraestrutura.
Os ecogaleguistas abandonan Compromiso e acordan integrarse en Alternativa Galega
Espazo Ecosocialista deixa a formación galeguista e decide "abrir o diálogo político" coa coalición entre Anova e Esquerda Unida "para unirse a ela".
A ollada galega do "brutal" clamor independentista en Catalunya
Catro persoeiros galegos residentes en territorio catalán analizan a enorme manifestación a prol da independencia e as consecuencias que pode traer para o futuro sociopolítico do país. Cualifican de "histórica" a marcha, pero sitúana na "normalidade democrática" dun pobo que se "reivindica".
"E á educación no rural, quen a rescata?"
As asociacións de nais e pais do rural trasladan a Compostela a súa loita contra os recortes de medios humanos e materiais na súas escolas co apoio dos principais sindicatos e de PSdeG e BNG. A Xunta descualifica a manifestación e Feijóo e Jesús Vázquez esquivan as posibles protestas non acudindo a inaugurar o curso escolar a ningún centro. Audios e galería de imaxes no inteiror
"As remeiras sentímonos máis recoñecidas en Euskadi que en Galicia"
A traiñeira galega gañou a mítica Bandeira da Concha por quinta vez consecutiva. Andrea Oubiña, unha das dúas únicas remeiras presente nos cinco triunfos, reclama máis apoio para o remo galego, un deporte que non deixa de darlle triunfos a un país que non compite en igualdade de condicións no País Vasco. Nin deportivas nin de apoio institucional.
"Recuperar a Manuel María é recuperar valores democráticos"
Uxía Senlle presenta este xoves na Coruña 'Andando a Terra', un traballo no que canta ao poeta da Terra Chá. Será nas 'Lúas de Outono', a homenaxe anual ao literato na que tamén se presentará o documental 'Danza do poema emocionado'. A viúva do autor censura que o Concello da Coruña non lles cedese o teatro Rosalía de Castro e agradece que a Deputación si lles permitise usar o Colón.
O rural berra forte contra os recortes nas súas escolas
A Coordinadora Galega de Anpas do Rural maniféstase este mércores en Compostela xunto a outras organizacións para protestar contra os recortes "que deterioran a calidade da educación" no interior galego e que poñen en perigo a propia supervivencia do rural do país.
"A Xunta sabe que os quimiqueiros de Pemex nunca foron para Navantia"
"É imposible competir con Corea", asegura Ignacio Naveiras, presidente do comité de empresa do estaleiro estatal, que aclara que Navantia nunca poderá a optar a contratos civís "sen apoio e contrapartidas políticas". "Non dicimos que non haxa acordos con Pemex, pero o dos quimiqueiros é un bluf de Feijóo", aclara.
Compromiso carga contra EU e Beiras, que deixa a "porta aberta" para que entre na coalición
CxG acusa a EU de "vetalos" na coalición e ao líder de Anova de estar "obsesionado" con encabezar as listas. Beiras responde aclarando que non ten ningunha ambición persoal e convida aínda a formación de Bascuas -e incluso o BNG- a unirse á fronte electoral.
Compromiso non estará en Alternativa Galega
A formación galeguista non estará xunto a Anova e Esquerda Unida na fronte ampla. "A coalición xa estaba feita, o noso sería unha adhesión", asegura o secretario xeral, Xoán Bascuas, logo de longas horas de xuntanzas. Beiras encabezará a lista da fronte pola Coruña, mentres que Yolanda Díaz sería a número dous.
Compromiso aproba entrar na coalición que xa forman Esquerda Unida e Anova
A maioría das asembleas comarcais, que se celebraron até última hora deste xoves, decidiron que a formación "está en disposición de participar nunha coalición técnica" cos partidos de Beiras e Yolanda Díaz.
"Estanlle pechando as portas da Universidade a quen non ten recursos dabondo"
Profesorado, estudantes e PAS advirten do comezo dun curso universitario, que mañá se inagura na Coruña, "duro e desestabilizador" por mor dos numerosos recortes aos que se enfronta a comunidade e que, denuncian, pretende "a elitización económica" do acceso á ensinanza superior.