Tolemia nun Deportivo que cae malia marcarlle catro goles ao Barça
O carácter e a determinación dos galegos non puideron coa calidade dun Barcelona que gañaba 0-3 ao cuarto de hora pero que acabou pedindo a hora.
A falsa solvencia da Galicia de Feijóo: nin saneada nin mellor que o Estado
O economista Manuel Lago desmonta con datos oficiais o balance económico do que presume o candidato do PP, ao que acusa de "mentir e falsear" cando asegura que a evolución do paro ou do déficit foi mellor que no resto de España. "O país retrocedeu dez anos en canto a PIB, emprego e benestar", asegura.
AGE remata a campaña con forza, convencida de que será clave para "desaloxar a Feijóo"
Alternativa Galega de Esquerda ateiga o Palexco da Coruña e anima a votar a coalición para "non aturar nin tres días máis" o Goberno do PP e "para quitarse de enriba os fillos do franquismo e de Fraga". "A partir do domingo, esta situación vai rematar", asegura un optimista Beiras.
Afectados galegos denuncian na UE a "estafa" das preferentes
Os colectivos da Coruña e Vigo levan o conflito a Bruxelas ante a falta de resposta política e xudicial en Galicia e no Estado. Acoden á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para que se "abra unha investigación" e se "depuren responsabilidades políticas e penais".
Os pais galegos cualifican de "éxito rotundo" a folga estudantil
A Confapa cifra o seguimento do paro en Galicia nun 74%, cifra que no Estado a Ceapa eleva ao 80% e Educación rebaixa a menos do 20%.
Adega censura "o franquismo ambiental" de Feijóo e anima a "despedilo" o 21-O
A organización ecoloxista fai balance da que considera a "lexislatura máis nefasta para o medio ambiente desde a era Fraga" e lembra á cidadanía que "a natureza aldraxada de Galicia" non vota. "Faino ti por ela", pide.
"Imos á casa de Feijóo porque alí se decide cada un dos recortes sufridos polos empregados públicos"
CIG, CCOO e os traballadores públicos da Administración celebran este xoves unha manifestación que rematará na residencia oficial do presidente do Goberno galego para "denunciar os recortes sufridos" ante a casa "do máximo culpable desta situación"
Haberá folga xeral o vindeiro 14 de novembro
CCOO e UGT convocarana este venres logo de consensuar a data, que coincide cos paros en Grecia e Portugal. A CIG xa anunciara que se uniría tras aprazar a prevista para setembro.
"Os pais xa estamos cansos dos recortes; ata aquí chegamos"
Helena Gómez, presidenta da Confapa, explica os motivos que levaron as asociacións de pais e nais a apoiar unha folga no ensino "contra os axustes e a reforma educativa" e a pedir ás familias que non manden os seus fillos a clase este xoves 18. "É un ataque directo á maioría social", advirte.
O avogado de Mangouras dubida que España lle garanta "un xuízo xusto"
Solicita a suspensión parcial do xuízo e pregúntase se o Estado será imparcial logo de que as autoridades cualificasen o capitán do Prestige de "pirata" ás poucas horas da catástrofe.
Os paraugas de Nunca Máis volven abrir para berrar "contra a impunidade"
Unhas 400 persoas concéntranse na apertura do xuízo pola catástrofe e advirten de que "outro Prestige é posible" logo de criticar "as eivas en materia de seguranza marítima" que segue sufrindo Galicia. "Os responsables políticos non están sentado no banco dos acusados", lamentan.
Os responsables políticos do Prestige, 'premiados' con máis e mellores cargos
Nunca Máis e Greenpeace denuncian que ningún deles sentará no banco dos acusados no xuízo. Arias Cañete volve ser ministro, Fernández de Mesa é director xeral da Garda Civil e Álvarez Cascos foi presidente de Asturias. Mariano Rajoy era daquela vicepresidente e encargado de coordinar a xestión da crise.