A universidade pública española é das máis caras da UE
Un informe do Observatori del Sistema Universitari conclúe que os prezos son dos máis caros da Unión e que o sistema de bolsas e axudas aos estudantes é tamén dos máis febles. Ademais, advirte do "cambio substancial" nas taxas de matriculación para o vindeiro curso tras a normativa aplicada polo Goberno.
Desafiuzamento en Cambre: Sen casa e coa mesma débeda que ao principio
Un pai e o seu fillo foron desafiuzados en Cambre logo dun desaloxo no que interviron oito gardas civís. Ambos os dous están en paro desde hai tempo e faltáballes por pagar 30.000 euros da vivenda. Agora, entre custas e intereses, a débeda ascende a 126.000 euros.
En loita contra a "bomba" de Corcoesto
A plataforma pola defensa de Corcoesto vén de presentar alegacións ao proxecto da mina a ceo aberto prevista na zona e que tería, segundo denuncia, "un impacto abismal" no medio ambiente e na actividade socioeconómica da zona. O colectivo, apoiado por 1.300 sinaturas, denuncia o intento da empresa de "meter medo e dividir a xente" e denuncia a falsidade das súas promesas de emprego.
O BNG apoia a ERC para reclamar a autodeterminación en Bruxelas
A europarlamentaria do Bloque, Ana Miranda, defende a iniciativa como representante da ALE, grupo no que se integra tamén Esquerra
Os gandeiros ven no "compromiso" da Xunta unha "oportunidade histórica" para conseguir un prezo xusto polo leite
O presidente da Xunta promete trasladar a Madrid "como Goberno galego" as propostas consensuadas do sector na Mesa do Leite para mellorar a Lei de Cadea Alimentaria e conseguir rematar coa discriminación dos gandeiros galegos, que seguen a cobrar o importe máis baixo do Estado e de Europa polo seu produto
A selección galega que máis necesitamos
Deportivo e Celta volven a Primeira. Unha colleita dos seus xogadores da terra abondaría para unha convocatoria dun combinado galego que semella máis necesario que nunca, agora que os excesos dalgúns futbolistas demostran que moitos esforzos por unha rivalidade sá non serviron de moito. Sería o equipo de todos. Fagan a súa lista.
O PSdeG pide "unha fronte común" coa Xunta para evitar a poxa de NCG
Pachi Vázquez enviaralle unha carta a Feijóo para pedir conxuntamente ao Goberno central e ao Banco de España "que non discrimine" á entidade galega. Ademais, o Executivo galego anuncia que elimina as axudas de custo por asistencia ás reunións do banco galego.
O paro baixa un chisco en Galicia, pero menos que no Estado
O desemprego descende no país un 0,37%, con 1.036 parados menos, unha baixada inferior á do conxunto de España (0.63%) nun mes habitualmente positivo e no que o ano pasado o descenso foi moito maior.
O Celta regresa ao ceo de Primeira
Galicia é de Primeira. O Celta regresa á elite logo de empatar co Córdoba (0-0) en Balaídos nun partido sen historia e no que ningún dos dous equipos arriscou. Os celestes acompañan no seu regreso ao Deportivo, que sumou outra vitoria coa que bate marcas ao se converter no conxunto con máis puntuación (91) da historia da Segunda. O Lugo, pola súa banda, vence 3-1 ao Atlético Baleares e segue soñando coa división de prata.
"Co PP no Goberno, o impulso maioritario dos vascos é cara á independencia"
Luis María Salgado, membro de Alternatiba e procurador de Bildu nas Xuntas Xerais de Araba, prioriza o perfil de esquerda sobre o nacionalismo e insiste na unión de forzas de esquerda como "positivo" para dar resposta a unha crise "creada por un sistema que hai que modificar". Coa súa formación incluída tamén en Amaiur, confía en que a coalición entre "con moita forza no Parlamento vasco".
O Celta, a un paso do ceo
O equipo vigués regresará á elite, agás desfeita improbable, cinco anos despois. Farao cheo de galegos e logo dunha reconstrución exitosa. Galicia é de Primeira.
Galicia, un equipo de dez para os Xogos Olímpicos
Dez deportistas galegos teñen asegurada a súa presenza en Londres neste verán, á espera dalgún máis que será confirmado nos vindeiros días. David Cal e Gómez Noya son as dúas principais bazas, ao seren favoritos en piragüismo e triatlón.