Alternativa colle forzas co apoio das 'Syrizas' europeas
A formación galega recibe o soporte dos líderes europeos da Syriza grega e do Front de Gauche francés nun concorrido mitin na Coruña. Beiras aposta pola "internacionalización do combate contra o actual sistema económico", mentres o voceiro heleno advirte de que o cambio en España "comezará no norte".
A Xunta Electoral volve sancionar o Goberno Feijóo e o PSOE pide á Fiscalía que actúe
É a novena vez que a Xunta incumpre a Lei Electoral desde que se convocaran as eleccións. Os socialistas piden que se "tomen medidas drásticas canto antes" e cualifican de "alarmante" os continuos incumprimentos da norma.
Jorquera acusa a Feijóo de "volver mentir" no debate mentres apela ao espírito de Nunca Máis
O candidato do BNG amósase "satisfeito" do cara a cara co candidato do PP nun acto polo décimo aniversario do Prestige no que reclamou a transferencia a Galicia das competencias en seguridade marítima. "No mar de Galiza deben mandar os galegos", di.
"O Goberno español e a Xunta aínda non aprenderon a lección do Prestige"
A plataforma Nunca Máis fai balance dez anos despois da catástrofe e, malia os avances nas políticas de seguranza e salvamento, destaca nun informe que os retrocesos e as eivas son aínda maiores.
Nunca Máis reactívase co xuízo do Prestige para berrar "contra a impunidade"
A plataforma chama a cidadanía a que se manifeste o día 16 na Coruña e lembra que "é moi posible" que Galicia puidese sufrir outra catástrofe ante as eivas na prevención.
Conselleiros de Pemex piden explicacións á petroleira polos contratos en Galicia
Remiten unha carta ao director xeral da compañía estatal para que "aclare dúbidas" sobre os acordos e amosan a súa estrañeza polas declaracións contraditorias da empresa.
A crise e os recortes sociais aumentan o estrés e a depresión nos maiores
O galego Raimundo Mateos, presidente da Sociedade Española de Psicoxeriatría, advirte que a terceira idade "é o colectivo máis afectado, vulnerable e desfavorecido" ante os problemas económicos e pide o aumento do gasto sanitario e a prevención.
Beiras pide derrotar nas urnas un PP "que xa está derrotado politicamente"
O candidato de Alternativa Galega insiste nunha "rebelión cívica que xa está en marcha", mentres Yolanda Díaz apela aos votantes descontentos do PSdeG e incide nos malos datos económicos dun Feijóo "mentireiro e insolvente".
A Xunta incumpre a Lei Electoral por oitava vez
A Xunta Electoral volve sancionar o Goberno galego polo uso partidista dos actos institucionais en plena campaña electoral. Desta vez, considera ilegal a visita da conselleira de Sanidade ás obras do Hospital de Vigo.
Nace Zona Press, a revista galega para os amantes do baloncesto
A publicación en galego mestura a actualidade coas reportaxes, as entrevistas e a análise, ademais de contidos culturais relacionados cun deporte con milleiros de afeccionados en Galicia.
Pemex tamén nega en México que vaia construír remolcadores en Galicia
Unha carta dun directivo da petroleira a un armador mexicano, á que tivo acceso Praza, asegura que o convenio entre a Xunta e a empresa azteca é "inexistente". Estaleiros e grandes firmas de México presionan para que Pemex cancele os acordos co Goberno galego e medios acúsanos de intentar "un boicot".
Cayo Lara sitúa Galicia como a clave para "deter" as políticas de Rajoy e do PP
O coordinador federal de IU dá o seu apoio a Alternativa Galega, acusa a Feijóo de ser "corresponsable" dos recortes e axustes do Goberno central e cre que "o principio do cambio" no Estado "pode empezar" coas eleccións galegas. "Ao día seguinte non valerá de nada chorar", asegura.