Folga e manifestacións estudantís para o día 11 en Galicia
Varias organizacións xuvenís do Estado, entre elas as galegas Liga, Comités e Agir, convocan o 'Día Internacional de Loita Estudantil' para "protestar contra as reformas e recortes levados a cabo na educación e impostas pola UE e o gran capital".
O PP rexeita que Feijóo aclare os contratos de Pemex e négase a facelos públicos
PSdeG e BNG amosan a súa "desconfianza" no presidente da Xunta ao non dar explicacións sobre os acordos coa petroleira mexicana logo de dicir que non tiña "inconveniente ningún" en mostrar os convenios. "Non se pode ir de chulo nas roldas de prensa; ou é un chulo ou é un mentireiro", queixouse Abel Losada durante a Deputación Permanente.
A Xunta prevé contestar ás dúbidas de Pemex co anuncio de dous remolcadores en plena campaña
Sería froito do acordo estratéxico asinado con Pemex e faríase público nos vindeiros días, en plena campaña, aínda que os armadores de México aseguran que a petroleira estatal rexeitou construír os buques en España.
A web que o candidato Feijóo nunca quixo ter que ler
A páxina 'feijoo2012.com', que denuncia os incumprimentos do presidente autonómico e a "nefasta" xestión da Xunta na última lexislatura, supera todas as expectativas e xa acumula unha media de 5.000 visitas diarias. "Estamos desbordados", recoñece un dos seus creadores, que nos desvela varios dos seus segredos.
"Pemex non está amarrado a ningún contrato cos estaleiros galegos"
Fluvio Ruiz Alarcón, conselleiro profesional da petroleira mexicana, dá a cara e explica a Praza todos os detalles da polémica xurdida arredor dos buques hoteis aos que aspira o naval galego. Aclara que os floteis poden ser construídos en Galicia, pero confirma tamén que o difundido pola Xunta non se corresponde coa realidade. "Deuse por feito o que aínda debe pasar por varios comités e consellos", explica.
O galego que reina facendo malabares cun balón
O mellor futbolista 'free style' do Estado está en Galicia. O vigués Daniel Comesaña reina en España e vén de competir no Mundial dunha modalidade na que prima a creatividade e a habilidade cunha pelota. "No fútbol hai normas, pero o bo é que aquí inventas o que queiras", explica.
Pemex decidirá en dous meses se contrata os floteis aos estaleiros galegos
A filial PMI podería encargar os buques, aínda que a petroleira non optase pola oferta galega, pero tería que buscar outros clientes para arrendarllos. Praza accede aos audios nos que o máximo responsable de Pemex confirma que o contrato non é coa súa empresa e que Galicia "non é o único oferente".
Feijóo aférrase aos contratos de Pemex malia que a empresa di que non son definitivos
O presidente da Xunta remítese ao último comunicado da petroleira, que asegura que os contratos son "plenamente válidos", aínda que aclara que hai "cláusulas suspensivas". Desde México, insisten en que a decisión de construír os floteis en Galicia non é firme. Un conselleiro da firma azteca fala incluso dun "uso electoral" do trato para "impulsar o PP". Audios no interior.
Pemex deixa en evidencia a Xunta e nega que firmase contratos con estaleiros galegos
"Non hai asinado ningún contrato con estaleiros galegos", asegura o director xeral da petroleira mexicana, que aclara que a construción en Barreras e Navantia dos dous buques floteis que prometeu Núñez Feijóo non é segura e que queda a expensas do que decida a empresa estatal logo de consultar varias ofertas.
Os equipos de normalización piden aos partidos que "derroguen" a política lingüística de Feijóo tras o 21-O
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de enviar ás formacións políticas as súas propostas de cara ás eleccións nas que deixan claro o seu rexeitamento ás medidas do PP por "marxinar a aprendizaxe en galego e non asegurar a competencia mínima na lingua propia do estudantado".
O galego atópase en risco de "extinción dixital"
A rede europea de investigación Meta-Net alerta do perigo que supón para a lingua galega, pero tamén para o éuscaro e o catalán, a falta de adaptación tecnolóxica á sociedade da información. O estudo advirte do apoio "feble ou inexistente" cara ao idioma propio nalgúns ámbitos.
"Trasladar a planta do Irixo a outro lugar non é solución ningunha"
A 'Coordinadora A Incineradora No Irixo NON' declárase "contenta" pola marcha atrás da Xunta respecto da incineradora prevista na comarca ourensá, pero "preocupada" por unha política de residuos da Xunta coa que non están de acordo. "O que se fai en Galicia é unha barbaridade", aseguran.