“Queren cambiar o modelo e abrir a universidade pública ao mercado privado”
Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo na USC e voceira da CIG en temas universitarios, considera que os recortes do Goberno só pretenden "igualar os factores de competitividade" entre o ensino superior privado e público ao reducir profesores e aumentar as taxas deste último.
O número de empresas en quebra aumenta case un 50% en Galicia
O incremento é o dobre que en España. As familias e compañías que accederon ao concurso de acredores aumentou un 27,35% no país, case seis puntos máis que no conxunto do Estado.
"A Xunta non ten plan para a industria, e a súa capacidade para reactivala é escasa"
Os últimos datos do Índice de Produción Industrial (IPI) en Galicia volven ser devastadores. Cae un 11,7% en termos interanuais, dous puntos máis que a media estatal, e acumula xa unha taxa negativa de 9,9 puntos no que vai de ano. Xan López Facal, enxeñeiro industrial e prestixioso economista, analiza a complicada situación da industria, tal e como fai máis exhaustivamente para diversos organismos.
Rato deixa Bankia tras coñecerse que será rescatada polo Goberno
Abandona a entidade bancaria, que recibirá un apoio público de entre 7.000 e 10.000 millóns de euros. O PSdeG reclama a Feijóo que pida "un trato igualitario" para Novagalicia.
A produción industrial en Galicia cae outra vez máis que no Estado
Seguen os malos datos para a economía galega. O Índice Xeral de Produción Industrial descende un 11,7% en marzo, máis dun punto por riba da media estatal, e acumula xa unha taxa negativa de 9,9 puntos en 2012. A produción de bens de equipo baixa máis do 22%.
Hollande gaña as eleccións en Francia e promete un cambio nas políticas económicas
O candidato socialista obtén o 51,6% dos votos fronte ao 48,4% de Sarkozy, segundo os primeiros datos oficiais. En Grecia, duro golpe para os partidos tradicionais. A coalición de esquerdas superaría os socialdemócratas do PASOK.
O BNG acusa a Feijóo de "darlles as costas" aos afectados polas preferentes
Guillerme Vázquez culpa a Xunta e Goberno de "mirar para outro lado" mentres os ex directivos das caixas levan cantidades millonarias en concepto de indemnización
Os escritores premian a Fernández Paz, Pilar Pallarés e Riveiro Coello
A Cea das Letras entregou os premios literarios da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), nos que non houbo sorpresas. Os equipos e servizos de normalización lingüística foron tamén galardoados, ao igual que José Luis Sampedro, recoñecido como Escritor Galego Universal
Unha firma galega, líder en vendas de aplicacións para Apple
IDi Creative elaborou unha aplicación para o ámbito educativo baseada nun método matemático do século XVII e que converte os números en palabras para facilitar a súa memorización
Jorquera pedirá no Congreso que NCG se converta nun banco público galego
O voceiro do BNG na Cámara Baixa defenderá unha iniciativa para modificar a actual normativa de reestruturación do sistema bancario e conseguir así unha entidade para que "Galicia conte con financiamento para a súa economía produtiva"
O PPdeG sae en defensa do Valedor mentres aumentan as peticións para que marche
Os populares din que "non se pode criminalizar" a Benigno López "cando achega a súa opinión", mentres o PSdeG anuncia que pedirá a súa destitución a través dunha iniciativa parlamentaria amparándose na propia Lei do Valedor
Botín lanza as redes sobre Novagalicia
O presidente do Santander dá por feito que haberá poxa pola entidade galega e advirte que estudará "con todo detalle" a operación sobre o banco, que considera "unha moi boa franquía"