Compromiso carga contra EU e Beiras, que deixa a "porta aberta" para que entre na coalición
CxG acusa a EU de "vetalos" na coalición e ao líder de Anova de estar "obsesionado" con encabezar as listas. Beiras responde aclarando que non ten ningunha ambición persoal e convida aínda a formación de Bascuas -e incluso o BNG- a unirse á fronte electoral.
Compromiso non estará en Alternativa Galega
A formación galeguista non estará xunto a Anova e Esquerda Unida na fronte ampla. "A coalición xa estaba feita, o noso sería unha adhesión", asegura o secretario xeral, Xoán Bascuas, logo de longas horas de xuntanzas. Beiras encabezará a lista da fronte pola Coruña, mentres que Yolanda Díaz sería a número dous.
Compromiso aproba entrar na coalición que xa forman Esquerda Unida e Anova
A maioría das asembleas comarcais, que se celebraron até última hora deste xoves, decidiron que a formación "está en disposición de participar nunha coalición técnica" cos partidos de Beiras e Yolanda Díaz.
"Estanlle pechando as portas da Universidade a quen non ten recursos dabondo"
Profesorado, estudantes e PAS advirten do comezo dun curso universitario, que mañá se inagura na Coruña, "duro e desestabilizador" por mor dos numerosos recortes aos que se enfronta a comunidade e que, denuncian, pretende "a elitización económica" do acceso á ensinanza superior.
Os traballadores de Navantia quedan sen paga extra de Nadal
A compañía inclúeos entre os funcionarios aos que se lle aplican as medidas de recorte aprobadas mediante decreto lei
A fronte ampla conta xa con Anova e Esquerda Unida
EU aproba unha coalición coa formación que lidera Xosé Manuel Beiras de cara ao 21-O. Compromiso por Galicia medita agora unirse ao pacto de esquerdas, no que tamén se integrará Equo.
O curso comeza en Galicia con recortes masivos e 1.000 profesores menos
CIG e CCOO denuncian que os colexios galegos contarán cun milleiro de docentes menos, aulas máis masificadas, carencia de especialistas ou desatención á diversidade, o que consideran unha "precarización" do ensino público provocada pola "clara intención ideolóxica" da Xunta do PP.
Estudantes cataláns, vascos e galegos únense para mobilizarse contra os recortes no ensino
Organizacións estudantís vascas, catalás e galegas, pero tamén de Aragón, Cantabria ou Asturias, xúntanse na procura dunha estratexia común para a mobilización contra a política educativa do PP de cara a "un outono quente"
Galicia suma xa catro metais nos Xogos Paralímpicos
Chano Rodríguez consegue dúas medallas de prata e suma xa 15 no seu histórico palmarés, mentres que José Henrique Porto acada dous metais en ciclismo. Outras bazas galegas aspiran a aumentar a colleita galega nos vindeiros días.
A exitosa colleita de Galicia nos Xogos Olímpicos
Os deportistas galegos conseguen cinco medallas e dous diplomas olímpicos en Londres, onde foron protagonistas con fazañas como as de David Cal, Gómez Noya ou Sofía Toro e Támara Echegoyen.
As galegas Echegoyen e Toro acadan o ouro olímpico en vela
Acompañadas da asturiana Pumariega, venceron na final a Australia 3-2 e suman o terceiro metal para Galicia nos Xogos Olímpicos de Londres. Teresa Portela, cuarta en piragüismo, queda a 128 milésimas do bronce, un metal que si consegue a viguesa Begoña Fernández, terceira coa selección española de balonmán.
Mantense controlado o incendio que queimou unhas 1.600 hectáreas no Barco e en Rubiá
O lume segue "controlado" desde o domingo á tarde, mentres se realizan labores para enfriar a zona e evitar que se reavive. Os concellos do Barco e Rubiá comezan a recuperar a normalidade logo de tres días de loita contra as lapas.