“Ás mulleres sempre nos pediron resultados; agora que os temos, seguen sen facernos caso”
Begoña Fernández saíu hai catorce anos do Club Balonmán Porriño. Quizais nunca pensou que tanto tempo despois sumaría preto de vinte títulos oficiais. No Osito L'Eliana, en Elda e durante dúas etapas no equipo navarro do Itxako, onde milita na actualidade, esta viguesa non deixou de acumular éxitos. Tamén na selección española, coa que foi subcampiona de Europa, pero coa que non puido gozar do bronce mundial do ano pasado por mor dunha lesión. Agora, superados os problemas físicos, a declarada hai uns anos mellor pivote do planeta, soña cunha medalla nos Xogos Olímpicos que poña o broche de ouro á súa carreira. E soña tamén con que os méritos do deporte feminino sexan recoñecidos dunha vez.
A canteira resucita no Celta e no Deportivo
No último derbi en Primeira División, hai xa cinco anos, había máis uruguaios que galegos sobre o campo. No enfrontamento de rivalidade do pasado mes de novembro, xa en Segunda, nove galegos e dez canteiráns pisaron o céspede de Riazor. Seis coa camisola celeste e catro coa branquiazul. Son outros tempos. Eran outros tempos.
“Se Galicia fose un Estado, os nosos taekwondistas serían heroes nacionais”
Mercé Barrientos dirixe unha das federacións deportivas galegas máis senlleiras do país. Difícil imaxinar unha disciplina onde Galicia posúa o título de campiona de España absoluta (en categoría masculina e feminina), o título estatal na categoría sub21, o campionato na modalidade de técnica e incluso o de clubs. O taekwondo, este deporte olímpico de orixe coreana e milenario, ten en España un acubillo brillante e en Galicia, o seu territorio triunfal e ateigado de éxitos
Isaac Prada, o galego que revolucionou a Fórmula 1 coa invención do 'Kers'
Fillo de galegos, do Carballiño, con tan só 22 anos Isaac Prada-Nogueira traballaba xa como enxeñeiro para o equipo Renault. Saltou á fama pola súa precocidade e, sobre todo, por ser o pai do Kers, un sistema revolucionario que permitía acumular enerxía nas freadas e aumentar a potencia dos monoprazas nuns 80 cabalos durante uns segundos e que marcou o devir de dúas tempadas da competición.
Verónica Boquete: “Os homes non necesitaban a selección galega, pero as mulleres si”
A futbolista compostelá xoga este mércores na súa cidade coa selección española de fútbol contra Austria. Dianteira, milita na actualidade no Tyresö FF da liga sueca, despois de xogar en Rusia e na prestixiosa liga norteamericana, da que foi elixida mellor xogadora o pasado ano.
“O ciclismo galego quedou orfo”
Mira o vídeo da entrevista que Miguel Pardo lle fixo a Ezequiel Mosquera.
Ezequiel Mosquera: “A UCI non persegue a dopaxe, persegue os cartos”
Farto do circo que arrodea ao ciclismo, Ezequiel fala claro. Contra todo e contra todos. Até onde pode. Cando morde a lingua, achega datos facilmente interpretables: "Que a xente xulgue por si mesma”, di.