"Feijóo é un ilusionista que fai ver unha realidade distinta da que hai"
Enrique Negueruela, secretario de Economía do PSdeG, analiza con pesimismo a situación do mercado laboral galego e censura o desmantelamento das políticas activas de emprego por parte dun Feijóo ao que acusa de non ter "plan ningún" para reactivar a economía.
"Aínda que se molle, o galego non encolle"
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela pola lingua malia a forte chuvia. Novo éxito de convocatoria de Queremos Galego, que encheu as rúas da capital galega para reclamar a derrogación do decreto e a presenza do idioma propio na escola. Galería de fotos e vídeo no interior.
O orzamento de Política Lingüística só aumenta as partidas para o ensino privado
Tan só se incrementan as transferencias a centros e universidades privadas, ademais dos cartos destinados ao ensino superior de fóra de Galicia e ás bolsas no lectorado.
A "festa televisada" de Fraga e Fidel Castro
Manuel Fernández-Valdés vén de presentar en Pontevedra 'Fraga y Fidel, sin embargo', un documental que relata a visita do líder cubano a Galicia en 1992. "A politica quedou en nada; foi unha viaxe folclórica", di o director, que reflexiona sobre o achegamento de dous homes de ideoloxías antagónicas. Vídeo no interior.
Queremos Galego busca encher Compostela pola lingua malia os atrancos do Concello
A plataforma chama á cidadanía a manifestarse en Santiago, onde a administración local impediu a colocación dun palco para o acto final dunha marcha que pedirá "a derrogación do decretazo" e berrará "contra a lei da 'Wertgoña".
O esforzo solidario dos obreiros por reflotar a súa empresa
Un grupo de traballadores da antiga empresa Privilege de Narón confía en gañar a poxa e facerse coa compañía que os deixou na rúa hai un ano. Achegarán todos os cartos da súa indemnización a unha iniciativa "bonita e distinta". "Mellor apostar polo proxecto e traballar todos xuntos que quedar na casa cobrando o paro", din.
Quítanlle a axuda a un parado de longa duración por non renovala malia estar encamado
Un desempregado coruñés queda sen ingresos ao non poder ir renovar a renda activa de inserción por mor dunha grave enfermidade crónica. O Estado desestima o seu recurso malia que presentou os informes médicos.
"Culpar da crise á sociedade non axuda a frear os suicidios"
O psicólogo clínico Miguel Anxo García Álvarez participa en Compostela nun debate profesional sobre o drama dos desafiuzamentos. Recorda que todas as crises incrementan os suicidios, pero advirte da necesidade de diminuír os riscos "potenciando a atención primaria" ou evitando responsabilizar da situación económica aos máis prexudicados por ela.
CCOO celebra o seu 10º congreso co obxectivo de reforzar "o muro contra as políticas neoliberais"
O sindicato arrancará outros catro anos baixo o liderado de Xosé Manuel Sánchez Aguión, actual secretario xeral, que presentará a súa candidatura para o que será un novo "e último" mandato no que primará a loita "contra os que intentan destruír as conquistas sociais e o Estado de Benestar"
Veciños de Corcoesto denuncian a empresa mineira por invadir e danar os seus montes
Alertan á Garda Civil dos danos provocados pola compañía en varios montes privados malia non contar con autorización ningunha e ser advertida en varias ocasións polos afectados.
A Xunta deixa no desamparo o investimento en conservación ambiental
Adega denuncia a grave caída de fondos para o investimento ambiental nos Orzamentos de 2013, así como as nulas axudas coas que se "pretende silenciar" as entidades ecoloxistas. "Nin así conseguirán calarnos", advirte.
Cascos asegura que os danos provocados polo Prestige "foron inevitables"
O ex ministro de Fomento elude calquera responsabilidade e cre que as decisións foron "as correctas e axeitadas". Xustifica que fose de cacería durante a catástrofe e apela ao vitimismo. "Non me imaxino o xefe dos bombeiros de Nova York sentado nun tribunal polo 11-S", dixo.