Miguel Pardo

Miguel Pardo

Entre A Coruña e o Ortegal. Antes en La Opinión, Depor Sport, L-V ou Xornal de Galicia. Co-autor de La imagen del mundo árabe y musulmán en la prensa española (2010, Fundación Tres Culturas)

  • Os sindicatos prevén un "éxito" na folga

    Galicia afronta a súa décimo cuarta folga xeral. E faino cunhas taxas de desemprego sen precedentes e contra unha reforma laboral do Goberno central que os sindicatos cren que desprotexe e precariza aos traballadores. CCOO, UGT, CIG e CUT son optimistas e confían no "éxito" do paro e das mobilizacións. 

  • Galicia si ten alternativas ao paro

    No mesmo día da folga xeral, dez profesores universitarios propoñen un debate público en Lugo no que achegarán alternativas para saír da crise e crear emprego no país. Piden actuar e pensar en positivo a través dun "debate de fondo e non superficial" máis aló de reformas e recortes. "Hai alternativas e témolas aquí mesmo", explican algúns dos expertos que nos dan as claves do carreiro que deberiamos coller. 

  • "Irei traballar de loito o 29-M"

    Os sindicatos galegos alertan de que están a recibir unha morea de queixas de traballadores que denuncian presións e ameazas das empresas para que non secunden a folga xeral. Moitas destas comunicacións son anónimas ou piden expresamente confidencialidade ante o temor ás represalias en forma de despido ou non renovación de contrato. "O meu corazón irá convosco e o meu corpo agochará a cabeza e acudirá puntualmente ao posto de traballo, traballo que non será moi produtivo porque estarei de loito”, di unha desas mensaxes. 

  • Os sindicatos recorren uns servizos mínimos que a Xustiza xa invalidou noutras folgas

    Os sindicatos galegos rexeitan os servizos mínimos feitos públicos pola Xunta de cara á folga xeral do vindeiro 29 de marzo. A CIG decidiu presentar un recurso ante a Xustiza ao consideralos “abusivos e contrarios ao dereito fundamental de folga”, mentres que os servizos xurídicos de CCOO e UGT estudan tamén recorrer, aínda que xa teñen solicitada a suspensión cautelar dos ditados na CRTVG, instalacións deportivas e xulgados.

  • As queixas ao Valedor polos servizos sociais aumentan un 141%

    O Valedor do Pobo, Benigno López, destaca que a gravidade da crise económica “deixou ben marcada a súa pegada” no traballo da defensoría galega ao aumentar nun 141% respecto de 2010 as queixas recibidas en cuestións relacionadas con asuntos sociais. Así, o número de reclamacións referidas á área de servizos sociais en 2011 alcanzou as 507, unha cifra récord, segundo un informe anual que é especialmente crítico coa aplicación da Lei de Dependencia.

  • Un galego no olimpo do Flamengo

    O equipo máis popular do país máis futboleiro do mundo cumpre cen anos. O Flamengo, que presume de ter máis de 40 millóns de seareiros no Brasil, celebra o seu centenario lembrando mitos como Zagallo, Júnior, Leónidas ou Zico. Pero tamén recordando a un galego de Pontevedra que conta cun lugar reservado na historia do Fla: José Armando Ufarte, o Espanhol para a afección brasileira.

  • O aniversario da revolución liceísta

    O club de hockey sobre patíns, o máis laureado de Galicia, cumpre 40 anos e celebra o 30º aniversario do seu primeiro título. Efemérides dunha revolución nun deporte de berce e raizame catalá. Malia a dificultade de vivir na cidade á sombra dun Deportivo con 25.000 abonados, o Liceo continúa na gloria. É o actual campión de Europa e pode seguir presumindo de ser o club máis laureado de Galicia. Porque non todo vai ser fútbol.

  • “Ás mulleres sempre nos pediron resultados; agora que os temos, seguen sen facernos caso”

    Begoña Fernández saíu hai catorce anos do Club Balonmán Porriño. Quizais nunca pensou que tanto tempo despois sumaría preto de vinte títulos oficiais. No Osito L'Eliana, en Elda e durante dúas etapas no equipo navarro do Itxako, onde milita na actualidade, esta viguesa non deixou de acumular éxitos. Tamén na selección española, coa que foi subcampiona de Europa, pero coa que non puido gozar do bronce mundial do ano pasado por mor dunha lesión. Agora, superados os problemas físicos, a declarada hai uns anos mellor pivote do planeta, soña cunha medalla nos Xogos Olímpicos que poña o broche de ouro á súa carreira. E soña tamén con que os méritos do deporte feminino sexan recoñecidos dunha vez.

  • A canteira resucita no Celta e no Deportivo

    No último derbi en Primeira División, hai xa cinco anos, había máis uruguaios que galegos sobre o campo. No enfrontamento de rivalidade do pasado mes de novembro, xa en Segunda, nove galegos e dez canteiráns pisaron o céspede de Riazor. Seis coa camisola celeste e catro coa branquiazul. Son outros tempos. Eran outros tempos.

  • “Se Galicia fose un Estado, os nosos taekwondistas serían heroes nacionais”

    Mercé Barrientos dirixe unha das federacións deportivas galegas máis senlleiras do país. Difícil imaxinar unha disciplina onde Galicia posúa o título de campiona de España absoluta (en categoría masculina e feminina), o título estatal na categoría sub21, o campionato na modalidade de técnica e incluso o de clubs. O taekwondo, este deporte olímpico de orixe coreana e milenario, ten en España un acubillo brillante e en Galicia, o seu territorio triunfal e ateigado de éxitos