Estudar na universidade, un 50% máis caro para 'calmar os mercados'
O Ministerio de Educación dá vía libre ás autonomías para subir ata 540 euros a primeira matrícula universitaria co obxectivo de conter o déficit público. A Xunta limítase a explicar que "ten a intención de analizar a fondo a proposta ministerial".
“España non ten opción: ou vai á bancarrota ou apanda co que lle diga o BCE”
Este galego, investigador da London School of Economics e profesor na Universidade de Oxford, é experto en gobernanza monetaria e financeira europea e global. Analiza a crise económica na UE e en España, de quen fala con claridade e engadindo a visión que desde outros países se ten da delicada situación no sur do continente.
Rajoy carga o recorte sanitario nos pensionistas e a Xunta acátao
A ministra de Sanidade confirma que os pensionistas xa non pagarán os medicamentos só a través dos impostos, senón que terán que asumir un 10% do custo, cun copagamento mensual de entre 8 e 18 euros. Os xubilados galegos, coas pensións máis baixas do Estado, serán os máis prexudicados pola medida.
Malvido: "Pelexamos para que a CIG siga sendo un sindicato aberto e plural"
Malia que existe desde hai tempo, a corrente sindical da CIG, Galiza Obreira, dáse a coñecer publicamente "para contrarrestar a tendencia de establecer un grupo hexemónico de poder" na central nacionalista. "Nin de broma" pensan en abandonar o sindicato, senón en "organizarse internamente" dentro del.
O tren de proximidade podería chegar a Galicia neste ano
O Ministerio de Fomento asegura que estuda a posibilidade de implantalo no país e fontes da Xunta recoñecen que "desta vez vai en serio". A plataforma Salva o Tren tamén é optimista tras manter varias reunións con dirixentes estatais.
Os sindicatos ven nos recortes no ensino "un ataque frontal" que instaura "o copago"
O ministro Wert anuncia medidas que implican ata un 20% máis de alumnos por aula, máis horas lectivas para os profesores ou suspender a obrigatoriedade de ofrecer Bacharelato en todos os centros educativos. As centrais advirten "da redución da calidade na ensinanza", así como da "condena ao paro de milleiros de interinos" e piden ao conselleiro Vázquez que aclare "se acatará as desastrosas instrucións de Madrid".
As mobilizacións continúan contra os recortes en Benestar
Máis de cen persoas maniféstanse na Coruña en contra da privatización de servizos que aplica a Consellería de Traballo. Beatriz Mato asegura que todas as medidas tomadas "acóllense á lei"
Galicia aínda é país de emigrantes
Case 2.000 galegos marcharon ao estranxeiro no último trimestre. De cada cen españois que emigraron fóra, sete saíron de Galicia, onde o número de cidadáns que buscaron futuro noutras autonomías aumentou tamén nun 12% en 2011.
Os galegos recuperan confianza na economía malia o agravamento da crise
A sociedade mellora as súas perspectivas sobre a capacidade de aforro, a evolución da economía ou o desemprego, logo de acadar o maior grao de pesimismo a finais de 2011
Conde Roa anunciará a súa dimisión
O alcalde de Santiago abandona presionado polo PPdeG e logo de manter unha reunión de urxencia co presidente Feijóo. Decide deixar o cargo horas antes da decisión do xuíz que case con total seguridade decidirá imputalo por presunta fraude fiscal.
Os ecogaleguistas piden "un compromiso público urxente" das forzas do proxecto común
Apostan forte por unha nova forza común galega "para o século XXI" e reclaman un pronunciamento público de Máis Galiza, Encontro Irmandiño ou Acción Galega de cara a unha candidatura conxunta para as vindeiras eleccións.
O Deportivo gaña un derbi para a historia
Un gol de Borja no tempo engadido deulle a vitoria ao Deportivo nun derbi fantástico. Os dous equipos demostraron que son de Primeira. Os coruñeses adiantáronse cun 0-2, pero o Celta logrou empatar. No desconto, o balón parado deulle a vitoria aos branquiazuis.