CIG, CCOO e UGT acudirán unidas ás manifestacións do xoves contra os recortes
Unidade sindical. Os tres principais sindicatos galegos acordan unha convocatoria conxunta de mobilizacións para o vindeiro día 19 contra os duros axustes anunciados polo Executivo central a pasada semana e baixo o lema Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen
A cooperativa de ensino popular, "unha ferramenta ao servizo da sociedade"
Constitúese en Santiago a Cooperativa de Ensino Popular Avoaescola (CEPA), "unha pata máis no banco" para a conformación no vindeiro curso da rede privada de escolas infantís en galego
As dúas horas dun galego no corredor da morte
O xornalista coruñés Nacho Carretero entrevistou na cadea de Raiford (Florida) a Pablo Ibar, un español que leva 18 anos preso e condenado a morte. O periodista relata agora en Praza a experiencia vivida nun centro penitenciario cuxas imaxes e ambiente "son desacougantes". "Alí hai dous castigos a un tempo: estar encerrado nese lugar e estar agardando a morte".
O PSdeG promete eliminar o copago farmacéutico e o PP presume da súa aplicación en Galicia
A polémica arredor do copago farmacéutico pon a andar a precampaña. Pachi Vázquez pregúntase "se non haberá de onde sacar 33 millóns de euros sen quitárlleos aos pensionistas", mentres Alfonso Rueda presume de que estes non terán que adiantar os custos das súas menciñas no país.
Cando os recortes no ensino se ceban nos máis necesitados
Os axustes levados a cabo na ensinanza en Galicia afectan a todos os ámbitos, pero súfrenos especialmente aqueles alumnos con necesidades específicas de atención educativa por mor dalgún trastorno ou dificultade. Diversas asociacións e nais destes rapaces denuncian con crueza a súa situación e advirten dos problemas ante a masificación das aulas, os recortes no profesorado de apoio e a falta de recursos.
"Queren que a escola pública volva ser a dos pobres sen recursos"
Dúas directivas de ANPAs galegas reflexionan sobre os recortes no ensino e advirten de futuras mobilizacións dos pais e nais ante a falta de recursos na ensinanza dos seus fillos e os privilexios da educación privada. "Estamos fartos; vemos o futuro negro", aseguran.
Os recortes ás agachadas no ensino público de Galicia
CCOO denuncia o "escurantismo" da Xunta á hora de anunciar uns axustes que serán "moito máis duros dos que se podía prever", mentres a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protesta diante da Consellería e a CIG denuncia a suspensión de parte do contrato de verán do persoal substituto.
Feijóo di que aprobará en xullo a investigación das caixas un día despois de volver vetala
Malia ao anuncio do presidente da Xunta, o PP rexistra a solicitude de comisión condicionándoa á "recapitalización" de Novagalicia Banco. Os sindicatos cren que o Goberno "apura porque se decata do custo político que lle está a supor este escándalo"
O deporte galego culmina a súa tempada fantástica
O ascenso do Lugo pon o broche de ouro a unha campaña histórica para o fútbol galego, pero tamén para outros deportes como o baloncesto, o balonmán, o rugby ou o hockey sobre patíns
Adicae censura a solución de Almunia para as preferentes e pide "xustiza"
A asociación que asesora e xestiona milleiros de demandas de afectados pide ao comisario europeo "que non semente a alarma" entre os prexudicados e rexeita que se fale de "prezo de mercado" e insiste nunha solución "legal e xusta"
"A querela de Anticorrupción é unha cortina de fume"
Miguel Ángel Quinteiro, ex membro do consello nas caixas e membro de Attac e da Plataforma polo Aforro Público, cre "positiva" a demanda contra os directivas de NCG pero aclara que "o importante é o que lles permitiron facer e, sobre todo, quen llelo permitiu facer"
"Os defensores da lingua galega deben ser coherentes á hora de consumir"
O Foro Peinador lanza unha campaña para promover o consumo de marcas e produtos que etiqueten e aposten polo idioma propio no que pretende implicar "ao sindicalismo, ao galeguismo e ao nacionalismo para que sexan congruentes co que defenden"