A selección galega que xa non será
Siareiros Galegos organiza un partido amigable que non ten o apoio das institucións, o que impide contar cos mellores xogadores galegos xusto agora que moitos deles destacan na elite. Unha convocatoria con futbolistas do Deportivo e do Celta abondaría para formar un equipo de garantías.
"Hai futbolistas do Deportivo e do Celta que queren vir á selección galega, pero non lles deixan"
Siareiros Galegos organiza este sábado en Pontevedra un novo partido amigable, sen apoio deportivo nin institucional, e no que Galicia contará cun equipo mixto con xogadores de Segunda B, de Terceira e da Liga Feminina.
As execucións hipotecarias soben un 23% en Galicia até setembro
Aumentan os expedientes previos ao desaloxo, malia que descende un pouco o número de desafiuzamentos, que marca un record no conxunto do Estado, con case 50.000 nos nove primeiros meses de 2012.
A rebeldía que abrangue a todos
Os duros recortes aplicados polo PP afectan a todos os sectores. Durante este ano 2012, saíron á rúa sindicatos, traballadores e unha morea de indignados, pero tamén colectivos pouco afeitos á protesta que levantaron a súa voz ante as medidas de axuste. Colexios médicos ou avogados son o último exemplo.
- Vídeo
- Cultura
O Apalpador que ha vir pola noite
Un documental elaborado pola Gentalha do Pichel nas montañas do leste de Galicia revela "a verídica e xenuína tradición de inverno" desta figura mítica que colle pulo nas vilas e cidades galegas desde hai anos. Vídeo no interior.
A AGAL celebra os dez anos do Portal Galego da Língua esperançada no futuro do reintegracionismo
A Associaçom Galega da Língua celebrou um jantar-homenage com motivo dos dez anos que neste 2012 cumpriu o Portal Galego da Língua (PGL), "umha das peças chave para entender o que hoje é o discurso sobre a língua e os avanços para a visom lusófona do idioma".
Os médicos volven rebelarse ante os "inadmisibles" recortes de Feijóo
O Colexio Oficial de Médicos da Coruña rexeita nun duro comunicado a redución de salario aos empregados públicos e cre que é "moralmente reprobable manter o indecente número de cargos públicos a conta da saúde dos cidadáns".
O funcionarios seguen a sufrir recortes tras perder o 10% de poder adquisitivo nun ano
Os novos axustes aplicados aos empregados públicos agravarán a caída na súa capacidade adquisitiva, que sufriu un descenso do 33% na última década. Táboa no interior.
Doafund comezará en xaneiro a "apadriñar" familias en risco de desafiuzamento
A web galega permite facer achegas económicas para evitar desaloxos e busca completar a listaxe de persoas a piques de perder a súa casa para comezar a conseguir cartos e facer fronte ás débedas co banco.
A Xunta recortará o soldo dos funcionarios en 2013
Facenda anunciará este venres a medida aos sindicatos, malia que Feijóo prometera non esixir máis sacrificios aos traballadores públicos. O Goberno non concreta o recorte pero avanza que recortará a paga extra en 2013 aínda que o Executivo central non o ordene. As centrais advirten que a Xunta "acaba de pasar a liña vermella".
Industrias ofrecen xa subir o prezo que pagan polo leite a algúns gandeiros
Son iniciativas esporádicas e illadas dalgunha empresa e nalgunhas comarcas. A Xunta presentaralle o venres aos sindicatos un borrador dunha proposta para dotar ás explotacións de máis superficie agraria destinada á produción de alimentos para os animais.
O acordo que mantén a esperanza dos gandeiros galegos
Praza accede ao documento asinado por produtores e Goberno galego no que a Administración se compromete a tomar medidas para incrementar o prezo do leite e mellorar as condicións das explotacións. Os sindicatos insisten en que é "un bo punto de partida".