Anova insiste en alianzas na esquerda que non se cingan só ao soberanismo
Defende na folla de ruta de cara á asemblea acordos diferentes e con distintos actores segundo a cita electoral pero aposta pola "unidade de acción non excluínte". A asemblea local de Teo cre que a unidade do nacionalismo é "un chanzo máis na acumulación de forzas", pero "nunca pode ser un fin en si mesma".
EU pide “renunciar ao sectarismo” para crear unha “fronte popular” en Galicia
Tende a man para ampliar AGE no borrador das teses políticas da súa próxima asemblea, onde fai unha intensa defensa do dereito de autodeterminación e critica que "o nacionalismo maioritario" difundise a "falsidade" de que é "unha forza de obediencia estatal".
Carteis con impacto para advertir do desastre do naval
O comité de Navantia desprega tres enormes carteis publicitarios con imaxes que simulan a caída dos estaleiros e a destrución de Ferrol para denunciar a situación "fantasmagórica" na que quedaría a comarca coa desaparición do naval. O autor das fotos explica a Praza a idea.
"Se hai menos risco de lume nas Fragas é polas chuvias, non porque mellorase a xestión"
Mónica Arto, representante dos colectivos ecoloxistas na xunta consultiva do parque natural, denuncia a "parálise" e "opacidade" que a Xunta provoca na xestión do espazo protexido e denuncia a falta de avances un ano despois de que o lume que asolara a zona.
O respiro da Semana Santa non agocha o aumento da precariedade e a exclusión en Galicia
Nove de cada dez contratos asinados en marzo son temporais e dos 1.636 parados menos, 1.370 correspóndense co sector servizos. Case 125.000 galegos carecen de prestación.
Acción Directa (e voluntaria) contra o abandono do patrimonio
Un colectivo leva case un ano reparando, limpando e rehabilitando zonas verdes, paisaxes ou espazos históricos ante o "desleixo e abandono" das administracións en Ferrol. Reclaman que o investimento da praza de España se dedique a contratar desempregados que fagan o traballo que eles fan voluntariamente.
"Se non hai máis cargos do PP apoiándonos é polas presións de Louzán"
Xulio Vicente, voceiro da plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño, advirte de que os aforradores seguirán mobilizándose ata que lles devolvan os aforros e acusa o presidente da Deputación de Pontevedra de intentar "desviar a atención" cos ataques á súa figura.
Galiza Ano Cero, unha televisión diferente para o país
Unha nova canle audiovisual prepárase para nacer en Galicia. Un "proxecto de activismo audiovisual" sen ánimo de lucro, en código aberto, baixo licenzas libres e dende abaixo á esquerda.
Os continuos cambios de rumbo que encallaron o Gaiás
A Xunta paralizará definitivamente a Cidade da Cultura logo de que Feijóo dese marcha atrás na súa intención de rematar un proxecto comprometido coa polémica adxudicación dun goberno en funcións do que el era vicepresidente.
Alonso Montero disputaralle a González a presidencia da RAG
Presentará unha candidatura xunto a Rosario Álvarez e Torres Queiruga na que defenderá a total independencia da Academia, o seu impulso social e unha xestión profesionalizada.
Santiago Formoso, o galego que xogou con Pelé e Cruyff
'Alén do Cosmos' conta a historia dun vigués emigrado nos Estados Unidos que formou parte do mítico Cosmos xunto a estrelas mundiais. Os autores do documental recorren ao 'crowdfunding' para recadar os cartos que lles faltan para rematalo. Vídeo no interior.
Desde Galicia, a pola República
A Iniciativa Galega pola Memoria, apoiada por persoeiros da cultura, da política ou dos movementos sociais, lanza un manifesto que chama "á mobilización cívica" para loitar por unha consulta popular que permita "deixar atrás unha monarquía caduca".