Galicia únese ás Marchas da Dignidade do 22 de marzo
CUT, CGT, SLG, STEG e outros sindicatos crean a Plataforma Galega en apoio da mobilización que xuntará en Madrid columnas cidadás de diferentes puntos do Estado e fan unha convocatoria aberta o vindeiro martes 11 para unir máis colectivos á protesta.
A Eurocámara recoñece que a PAC prexudica o modelo do agro galego
Un informe da Comisión de Agricultura asume que as pequenas explotacións non reciben un trato xusto no deseño da Política Agraria Común, coincide coas reivindicacións dos sindicatos agrarios e pide "que se teñan en conta as características de cada país e rexión".
Pedro Nimo: "Edúcannos nun egoísmo que lles é ideal para crises coma esta"
O atleta galego que decidiu renunciar ás axudas públicas e deixar de representar a España e a Galicia explica os motivos que o levaron a rebelarse contra o sistema e a dar un paso nunha sociedade que ve "temerosa e acomodada".
A ONU eloxia 'Nomes e Voces' e pide á administración que lle achegue recursos
O relator das Nacións Unidas pon o proxecto interuniversitario que a Xunta deixou morrer como exemplo de traballo pola memoria histórica no Estado e lembra que é un dos "paralizados por falta de apoio". Consulte o informe no interior.
A ONU censura a España por esquecer as vítimas e non xulgar o franquismo
O relator das Nacións Unidas que acaba de visitar Galicia pide máis recursos para os represaliados e declárase "sorprendido" pola inacción do Executivo e as negativas da Fiscalía a extraditar os torturadores reclamados por Arxentina.
Pedro Nimo, o atleta rebelde que renuncia a representar a España e Galicia
O compostelán rexeita "toda bolsa e axuda pública" e a competir coas seleccións española ou galega tras unha dura crítica "ao sistema, en concreto ao político", e "farto" da falta de axudas e da xestión dos gobernantes no ámbito social, deportivo e empresarial.
Facenda abre a man e anula algunhas sancións a emigrantes retornados
O Tribunal Económico-Administrativo Rexional invalida varias sancións a pensionistas, pero os afectados aclaran que "non xera xurisprudencia" e reclaman unha "solución global" para os milleiros de retornados multados.
As consecuencias da reforma local: pedir permiso á Xunta para fomentar o emprego
A FEMP confírmalle ao Concello de Lugo que terá que ter o visto e prace do Goberno autonómico para continuar coas súas políticas de emprego, o que xa lle obrigou a suspender unha convocatoria de axudas a pemes.
Eurodeputados piden á UE medidas contra a discriminación de galego, catalán e vasco
Reclaman que se modifiquen algunhas directivas europeas existentes ou que se elabora unha nova para "a non discriminación por razón de lingua" e piden tamén "protección dentro do Estado".
Menos do prometido para Galicia, máis do esperado para Pemex
Navantia construirá finalmente un flotel para a factoría mexicana, que encarga outro e cinco buques máis en Barreras, estaleiro que controla por 5,1 millóns de euros. É o resultado daquel acordo estratéxico no que Feijóo prometera a construción de 40 barcos.
Pemex adxudica os floteis a Galicia ano e medio despois da promesa da Xunta
A petroleira elixe a oferta de Barreras e Navantia logo de cinco atrasos e once meses despois da data de inicio de corte de chapa que anunciara Feijóo. A construción dará traballo durante máis de dous anos a unha quinta parte dos operarios do estaleiro ferrolán.
A lotaría como 'Semente' para o futuro de Monforte
O pasado 6 de xaneiro, a lotaría do Neno deixaba 120 millóns de euros en Monforte de Lemos. Un grupo de veciños, agraciados e non agraciados, decidiu impulsar unha Fundación que, coas achegas que reciba, impulse o desenvolvemento da vila.