O fútbol da Costa da Morte xa ten o seu álbum de cromos
O diario dixital Que Pasa na Costa lanza unha guía da tempada futbolística costeira con máis de 700 cromos que será presentada o vindeiro 30 de novembro en Santa Comba.
As críticas ao canon de Sogama destapan os excesos verbais do seu presidente
Luís Lamas carga contra os alcaldes críticos en público, pero incrementa a dureza das verbas contra a oposición nas redes sociais, onde acusa a Besteiro de "colocar ben os seus amigos" e "traballar o xusto" ou a Santín e Orozco de ser unha "congregación de bernardos".
"Non hai vontade de protexer as vítimas de violencia de xénero nin os seus fillos"
Gloria Vázquez preside a asociación Ve-la Luz e foi unha das mulleres que se mantivo un mes en folga de fame para reclamar unha "protección real" das maltratadas e dos seus pequenos. Agora fai balance entre críticas aos partidos e ao "silenciamento" das súas reivindicacións.
Google xa prepara a versión en galego do Android
A multinacional confirma aos impulsores da iniciativa Android en Galego que a nosa lingua será unha das 60 ás que se traduzan todos os seus novos produtos e que tamén será inserida nos antigos. O idioma propio será incluído nunha das vindeiras versións do sistema operativo.
Os emigrantes esgotan a vía política antes de levar á Xustiza as multas de Facenda
O fiscal xeral de Galicia cre "ilegal" multar os pensionistas se non hai dolo nin afán defraudador. A coordinadora que agrupa os afectados prevé acudir aos tribunais para deter unha campaña sancionadora que non dan paralizado pola "vía política".
Uns cen concellos plántanse ante a suba do canon de Sogama
Todos os municipios non gobernados polo PP acordan pedir a dimisión do presidente da sociedade e solicitar unha xuntanza urxente con Feijóo. De non haber reunión, pecharanse na Xunta e deixarán de pagar a factura do lixo.
A Xunta recúa e mantén o seguro médico ao fútbol base galego
A Secretaría Xeral para o Deporte excluíra o balompé do programa Xogade, que dá cobertura de seguro médico aos máis pequenos, o que provovcara a paralización de torneos e adestramentos. O Goberno recúa e volve incluír os cativos na póliza para o resto de deportes.
A rabia do Prestige
Miguel Pardo
As mulleres de Ve-la Luz abandonan a folga de fame tras un mes de protesta
Agradecen aos partidos que poidan formar parte da futura comisión de investigación sobre a protección real das vítimas da violencia de xénero, pero amosan a súa "decepción" polo discurso "pusilánime e confuso" dos representantes políticos.
Nunca Máis prevé recorrer a sentenza e convoca manifestacións para este venres
A plataforma acudirá ao Supremo e chama a cidadanía galega a saír á rúa en todas as vilas e cidades contra a impunidade e tras un ditame xudicial "inxusto e decepcionante".
A factura impagada e "á baixa" da marea negra
A perito da Fiscalía que valorou os danos do Prestige en máis de 4.300 millóns de euros advirte das eivas dos sistemas de compensación actuais, da dificultade de cobrar indemnizacións xustas e explica un informe pericial "a medio prazo" e cuxo importe debería ser aínda maior.
A Xustiza absolve o Estado e o capitán da catástrofe do Prestige
López-Sors, Mangouras e o xefe de máquinas, absoltos do delito medioambiental nunha sentenza que defende o afastamento do buque, "aceptable e non imprudente", e a xestión do Executivo, que cualifica de "profesional e correcta". O xuízo sáldase cunha mínima pena para o capitán.