Por que outro Primeiro de Maio por separado?
Os principais sindicatos galegos volven manifestarse separados malia o éxito das últimas convocatorias conxuntas e da Alianza Social. CCOO e UGT -que se mobilizan xuntos- e CIG seguen apostando pola unidade de acción como "o efectivo e necesario" malia as diferenzas.
A resurrección de Fernando Vázquez
O adestrador galego reivíndicase no Deportivo tras obrar o milagre de mantelo con moita vida a falta de seis xornadas de Liga. O club coruñés xa conta con el para a vindeira tempada, aínda que baixe a Segunda.
Eurodeputados non españois, "perplexos" ante a "fraude" das preferentes en Galicia
Cualifícana de "escándalo impresionante" e práctica "delictiva" tras os relatos de varios afectados galegos e acusan a PP e PSOE de "facer política de partido" co problema. "É moito peor do que estou afeita a escoitar", di unha europarlamentaria danesa.
"Non van contra a inmersión lingüística, van contra a democracia"
Josep Bargalló, ex 'conseller' da Generalitat, analiza este mércores en Vigo a situación do galego e do catalán ante o debate soberanista. Defende a situación "case normalizada" da lingua propia nas escolas dunha Cataluña que "está na mellor posición para ser independente desde 1714".
Galicia prevé contar co seu dominio '.gal' antes deste verán
A Icann publicará nas vindeiras semanas as solicitudes autorizadas, entre as que se atopa a galega, que non recibiu ningunha obxección. O dominio podería estar dispoñible na Rede a finais de 2013.
A lingua ante os retos da 'nova' RAG
A Mesa, AGAL e a Asociación Galega de Editores reflexionan sobre as prioridades da nova executiva da Academia en materia lingüística. Reclaman a defensa firme do idioma e o achegamento ao mundo lusófono.
"Hai que mudar o ensino do galego e o traballo de normalización"
Valentina Formoso presenta Do estigma á estima, unha obra na que fai propostas para un novo discurso lingüístico e novas estratexias nun ensino onde o alumnado mantén os mesmos prexuízos cara á lingua propia que hai anos.
Moción popular contra as touradas na Coruña
Galicia Mellor Sen Touradas recolle sinaturas co obxectivo de presentar unha moción no Concello e pide que se "supriman os festexos taurinos e se dediquen as súas axudas públicas a fins sociais".
Alonso Montero, novo presidente da Academia
Venceu na segunda votación por só dous votos de diferenza e logo do empate rexistrado na primeira. Aposta por crear "un clima de concordia" e pide "traballo" a todos os académicos.
Manuel González: "Preocúpame a imaxe de arcaísmo que a outra candidatura transmite da RAG"
O candidato á presidencia da Academia dise "preocupado" pola idea da institución que transmite a lista de Alonso Montero, ao que acusa de "non ter programa ningún".
Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de vivendas baleiras no Estado
Case dúas de cada dez casas (18,6%) están deshabitadas no país, fronte á media estatal do 13,7%. Ourense e Lugo son as provincias con máis inmobles onde non vive ninguén.
Galicia xa ten a súa plataforma global "contra a minería destrutiva"
Nace ContraMINAcción, unha rede contra as ameazas dos numerosos proxectos mineiros do país, que chama a cidadanía a unha gran manifestación nacional o vindeiro 2 de xuño en Compostela.