"A sociedade actual reclama outra política pero tamén outra lectura do pasado"
ENTREVISTA Lourenzo Fernández Prieto coordina 'Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura', obra na que varios historiadores constrúen un novo relato do franquismo afastado da visión "conxelada" que domina o presente e modulado nunha Transición que, segundo di, remata de vez nestes tempos.
Os miles de mariñeiros galegos aos que Noruega nega a pensión
Unha representación de mariños galegos negocia en Oslo a solución para un colectivo de 10.000 afectados que non cobran pensión de xubilación ninguha malia traballar anos en empresas norueguesas e pagar elevadas cotizacións de ata o 45%.
"Son inocente, o que si incita á violencia son os desafiuzamentos"
Roberto Rivas, bombeiro multado por "alterar a orde pública", declárase culpable por negarse a colaborar nun desaloxo pero nega que incitase a nada e rexeita continuar cun proceso que cre "inxusto, covarse e hipócrita". Insiste en que os atestados policiais foron "dirixidos" e abre unha campaña para que a cidadanía axude no pago da súa multa e das do resto de persoas sancionadas.
A querela arxentina relata a crúa represión da ditadura en Galicia
O informe da Fiscalía que se incorporou á causa relata con precisión a represión sufrida por ducias de denunciantes galegos ou os seus achegados e inclúense relatos sobre as torturas de anónimos, cargos públicos e destacadas figuras. A Interpol pide a detención de vinte cargos franquistas tras a solicitude do Ministerio Público.
Alimentos Lácteos: o fracaso anunciado dun proxecto do PP
A xustiza condena os ex administradores da compañía a pagar 2,9 millóns polo prexuízo causado tras o atraso na solicitude do concurso dunha firma quebrada tras a inxección de millóns públicos e logo do apoio da Xunta, que preferiu un proxecto precario liderado por dirixentes do PP a unha unión solvente de cooperativas.
A Fiscalía arxentina reclama visitar 'in situ' as fosas do franquismo en Galicia
O fiscal federal exhorta a xuíza que instrúe a causa contra a ditadura a viaxar a Galicia para visitar as foxas cos restos de asasinados polo fascismo nun ditame no que detalla as denuncias de varios galegos e na que se baseou a maxistrada para ampliar as solicitudes de extradición.
A xustiza rexeita o recurso e condena o bombeiro que se negou a desafiuzar a Aurelia
A xuíza considera probado que a súa actuación "produciu unha alteración da orde pública" e condénao a pagar 600 euros de multa a Roberto Rivas, que acusou a policía de cambiar a versión dos feitos, tal e como recoñeceu o xulgado no caso de Jorquera, que non foi sancionado.
As mareas cidadás reforzan a súa "cooperación en código aberto"
As inciativas municipalistas galegas celebran a súa segunda xuntanza e continúan a "compartir ferramentas e instrumentos" das que cada proxecto "tirará proveito no seu espazo". As primarias abertas, o programa participativo ou a comunicación, as "claves" do debate.
BNG e Anova: "O 9-N non é unha anécdota, é unha revolución democrática"
As dúas formacións nacionalistas, que, exerceron de observadores na consulta catalá, coinciden en destacar a elevada participación nun proceso participativo "moi cívico, moi optimista e feito con moito rigor".
"Como pode España estar na UE sen cumprir a lei coa querela contra o franquismo?"
ENTREVISTA Inés García Holgado, promotora da querela arxentina contra a ditadura fascista xunto ao galego Darío Rivas, visita Galicia e volve criticar o Goberno español por non colaborar coa xustiza. "O que pasa aquí é algo incrible; debería haber presión internacional", di.
Ourense en Común confirma outra candidatura cidadá máis en Galicia para as municipais
A iniciativa acada os 1.500 apoios que se marcara como aval para presentar unha lista de confluencia aos comicios locais e únese á Marea Atlántica, que confirmou xa que estará presente nas eleccións. O movemento ourensán empeza agora os contactos coas formacións políticas.
Para non perderse: Así salpica a trama Zeta ao PP
A investigación da trama Zeta está salferida de mencións a dirixentes do PP galego, partido ao que, segundo a Policía, recibiu 17.000 euros procedentes da caixa 'B' das empresas de Crespo. Repasamos as indagacións, chamadas e comunicacións que salpican a Feijóo, Negreira, Mato, Romay Beccaría e Flores.