"Non van contra a inmersión lingüística, van contra a democracia"
Josep Bargalló, ex 'conseller' da Generalitat, analiza este mércores en Vigo a situación do galego e do catalán ante o debate soberanista. Defende a situación "case normalizada" da lingua propia nas escolas dunha Cataluña que "está na mellor posición para ser independente desde 1714".
Galicia prevé contar co seu dominio '.gal' antes deste verán
A Icann publicará nas vindeiras semanas as solicitudes autorizadas, entre as que se atopa a galega, que non recibiu ningunha obxección. O dominio podería estar dispoñible na Rede a finais de 2013.
A lingua ante os retos da 'nova' RAG
A Mesa, AGAL e a Asociación Galega de Editores reflexionan sobre as prioridades da nova executiva da Academia en materia lingüística. Reclaman a defensa firme do idioma e o achegamento ao mundo lusófono.
"Hai que mudar o ensino do galego e o traballo de normalización"
Valentina Formoso presenta Do estigma á estima, unha obra na que fai propostas para un novo discurso lingüístico e novas estratexias nun ensino onde o alumnado mantén os mesmos prexuízos cara á lingua propia que hai anos.
Moción popular contra as touradas na Coruña
Galicia Mellor Sen Touradas recolle sinaturas co obxectivo de presentar unha moción no Concello e pide que se "supriman os festexos taurinos e se dediquen as súas axudas públicas a fins sociais".
Alonso Montero, novo presidente da Academia
Venceu na segunda votación por só dous votos de diferenza e logo do empate rexistrado na primeira. Aposta por crear "un clima de concordia" e pide "traballo" a todos os académicos.
Manuel González: "Preocúpame a imaxe de arcaísmo que a outra candidatura transmite da RAG"
O candidato á presidencia da Academia dise "preocupado" pola idea da institución que transmite a lista de Alonso Montero, ao que acusa de "non ter programa ningún".
Galicia é a comunidade con maior porcentaxe de vivendas baleiras no Estado
Case dúas de cada dez casas (18,6%) están deshabitadas no país, fronte á media estatal do 13,7%. Ourense e Lugo son as provincias con máis inmobles onde non vive ninguén.
Galicia xa ten a súa plataforma global "contra a minería destrutiva"
Nace ContraMINAcción, unha rede contra as ameazas dos numerosos proxectos mineiros do país, que chama a cidadanía a unha gran manifestación nacional o vindeiro 2 de xuño en Compostela.
Alonso Montero: "Na RAG non hai que cambiar nada, só traballar con máis intelixencia"
O catedrático vigués, un dos aspirantes á presidencia da Academia, cre que a súa candidatura é a que "ten máis posibilidades" de saír elixida no plenario do sábado, pero advirte de que non ten "ningunha bóla máxica".
"A vía xudicial é a única para recuperar todos os cartos das preferentes"
Tres novas sentenzas condenan a Novagalicia a devolver máis de 100.000 euros. Juan José Barreiro, avogado nos tres casos e experto en dereito bancario, advirte do aumento de demandas e agarda máis en canto os afectados "comproben que as quitas son maiores".
González rexeita a oferta de Alonso Montero para unha lista conxunta á RAG
Cualifica de "totalmente inaceptable" a proposta de integrar do catedrático vigués á Academia, que finalmente deberá elixir entre dúas opcións o vindeiro sábado 20. Os dous aspirantes centran o debate na TVG no legado de Méndez Ferrín.