"A cuestión identitaria é algo secundario no proceso independentista catalán"
Jordi Solé, secretario de Política Internacional e deputado de ERC no Parlament, participa na asemblea de ALE en Galicia, analiza o soberanismo e explica as razóns que levaron a súa formación a rexeitar unha nova coalición co Bloque de cara ás eleccións europeas.
"Solicito ao Valedor que me ampare na protección dos meus dereitos como muller"
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto propón ás mulleres un envío masivo de peticións ao Valedor para que inste a Xunta a que exixa a retirada do proxecto de reforma da lei e que interpoña un recurso de inconstitucionalidade no caso de que se aprobe.
Arranca a viaxe documental pola historia do teatro galego
Iago Vázquez comeza a gravación e campaña de financiamento de 'O que hai que facer para non ir ao mar!', un percorrido histórico e emocional a través dos compañeiros de profesión dos seus pais, Tuto Vázquez e María José Mosteiro, figuras clave da escena galega.
"As Marchas da Dignidade non son unha manifestación máis, é un movemento subvertivo"
A Plataforma Galega acada máis apoios, convoca mobilizacións previas en Galicia e únese a un proceso que "pretende aglutinar todo o movemento antisistema do Estado". "Ábrese unha liña divisoria entre os que queremos derrubar o estado das cousas e os que non".
"Hai pais que chaman para ir rexistrar o corpo das súas fillas"
Martha Azul, a artista que impulsou en Galicia o rexistro masivo dos seus corpos por parte das mulleres en protesta pola reforma da lei do aborto, explica a acción e advirte de que "cada vez hai máis xente disposta a protestar".
O PP liquida a xustiza universal e obvia as reivindicacións da familia Couso
A maioría absoluta popular no Congreso saca adiante o primeiro trámite para restrinxir a xuridición universal sen apoio ningún e no mesmo día no que a familia do cámara galego pediu aos partidos rexeitar unha reforma que suporá o punto final da investigación do seu caso.
A reforma laboral fai dous anos tras destruír 1.130 traballos máis cada día
O decreto-lei de febreiro de 2011 foi o punto de partida dun intenso "programa de regresión de dereitos" que analiza un informe da Fundación 1º de Maio que debulla a perda masiva de emprego e a precariedade laboral. Destrúense 1.918 empregos ao día fronte aos 788 de hai dos anos.
Castela e León retoma en medio do curso as clases de galego que eliminara
Recupera as aulas no instituto de Ponferrada, pero logo de que varios alumnos optasen por cambiar de centro ou por elixir outra optativa. Fala Ceibe denuncia os continuos "atrancos" que a Junta pon á lingua galega e que provoca o descenso de matriculados no Bacharelato.
Galicia únese ás Marchas da Dignidade do 22 de marzo
CUT, CGT, SLG, STEG e outros sindicatos crean a Plataforma Galega en apoio da mobilización que xuntará en Madrid columnas cidadás de diferentes puntos do Estado e fan unha convocatoria aberta o vindeiro martes 11 para unir máis colectivos á protesta.
A Eurocámara recoñece que a PAC prexudica o modelo do agro galego
Un informe da Comisión de Agricultura asume que as pequenas explotacións non reciben un trato xusto no deseño da Política Agraria Común, coincide coas reivindicacións dos sindicatos agrarios e pide "que se teñan en conta as características de cada país e rexión".
Pedro Nimo: "Edúcannos nun egoísmo que lles é ideal para crises coma esta"
O atleta galego que decidiu renunciar ás axudas públicas e deixar de representar a España e a Galicia explica os motivos que o levaron a rebelarse contra o sistema e a dar un paso nunha sociedade que ve "temerosa e acomodada".
A ONU eloxia 'Nomes e Voces' e pide á administración que lle achegue recursos
O relator das Nacións Unidas pon o proxecto interuniversitario que a Xunta deixou morrer como exemplo de traballo pola memoria histórica no Estado e lembra que é un dos "paralizados por falta de apoio". Consulte o informe no interior.