Arantza Portabales: "Vivimos na era da comunicación e nunca tan sós estivemos, tan incomunicados"
Arantza Portabales dálle continuidade, na novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, ao microrrelato que caracterizaba boa parte da súa produción. Nunha historia de mulleres que aprenden a facerse máis fortes e libres.
"A violencia cotiá no espazo público que todas sufrimos é continuada na narrativa do terror sexual"
Xiana do Teixeiro analiza no documental Tódalas mulleres que coñezo a normalización das agresións sexuais ás mulleres na rúa e a utilización do medo ás mesmas como arma de control patriarcal.
“Nos concellos con presenza de organizacións feministas é onde as políticas de xénero están máis desenvolvidas”
A presenza de organizacións feministas no concello ou de partidos de esquerda no goberno local son, segundo un estudo de Natalia Paleo, os factores máis determinantes no desenvolvemento das políticas de xénero a nivel municipal.
Marga Tojo: “Reducir a maternidade a unha guerra entre malas nais e hipernais non axuda. Debilita, divide, quita a voz”
ENTREVISTA Marga Tojo publica o poemario Cara de velocidad, premio Orihuela, e o ensaio Maternidade fóra de catálogo (Xerais).
Lionel Rexes: "O neofascismo mora nos sectores que sempre sospeitamos e non só nos grupos de hooligans"
Non hai moita narrativa galega que trate o tema da loita armada, onte e hoxe. Lionel Rexes publicou hai xa algún tempo A raíña das velutinas, que trata esta cuestión a través relato dun narrador que nin agocha as contradicións da mesma nin as continuidades entre o fascismo pasado e presente que, tamén, lle dan orixe.
Helen Bertels: “Eu sempre me farei a mesma pregunta: que é ser muller”
ENTREVISTA Helen Bertels vén de preestrear na Sala Ingrávida, no Porriño, o seu espectáculo 'Nimiedades', que partilla, como intérprete, con Mónica de Nut, baixo a dirección de Marta Pérez e Paulina Funes.
Marleen MaLone: "Farteime de ser, cos homes, suxeito pasivo. Decidín empoderarme e tomar a iniciativa. Pero no camiño tamén tropecei"
ENTREVISTA Marleen MaLone publica o seu primeiro libro, un catálogo de amantes que é crítica ao machismo e, ao mesmo tempo, autocrítica das mulleres que, no seu camiño cara ao empoderamento, tropezan coas súas propias carencias.
Manuel Darriba: “Os discursos do poder alertan sobre o perigoso que sería crebar a bendita 'paz social"
O medo. A violencia. A hipnose colectiva. Son algúns dos temas que alicerzan a nova obra de Manuel Darriba, que segue o camiño de 'O bosque é grande e profundo', o seu libro anterior.
Celso Álvarez Cáccamo: "Vendem-nos a impotência para mudar o mundo como se fosse o natural"
ENTREVISTA Celso Álvarez Cáccamo recolhe 20 anos de criação poética no livro Os passos da procura, (Através).
Rosa Álvarez: "Hai unha involución tan grande coa liberdade de expresión que sinto que estamos outra vez no franquismo"
ENTREVISTA A Asociación de Actores e Actrices de Galicia recoñece a traxectoria de Rosa Álvarez co premio Marisa Soto.
Malraio: “O poder subversivo do rock durou dous telediarios. Agora está cada vez máis domesticado”
ENTREVISTA A banda Malraio, formada por músicos da escena rock compostelá procedentes de diversos grupos, publica o seu primeiro EP, Prótese.
Paula Cons: "Para a poboación en xeral, a venda de volframio aos nazis na posguerra só valeu para prolongar a fame"
ENTREVISTA Paula Cons debulla a historia da minaría galega do volframio e a súa relevancia na II Guerra Mundial no documental A batalla descoñecida.