“A forma de organização política duma sociedade não se deve fundamentar na desinformação”
Justo Beramendi, Xavier Vence e José Antonio Portero presentarán o libro Tempos chegados?. Sobre o futuro político de Galiza cun debate aberto o mércores 28 de outubro ás 20:30 horas no espazo compostelán Vide Vide. A obra, coordinada por Carlos Taibo e Arturo de Nieves, analiza catro horizontes posibles para o país: o mantemento do Estado autonómico actual, a transformación do mesmo nun Estado federal, a independencia ou a súa auto-organización desde baixo, segundo un proxecto libertario.
"A única verdade da voz poética é o aquí e o agora"
Luís Valle gañou o último Lueiro Rey de Poesía con As cicatrices de Sol. E publicou tamén este mesmo ano Trona, o merlo. A súa é unha poética do eu. De imaxes. De símbolos, que exploramos nesta entrevista.
"Estiven morto pero volvín. Agora estou en paz coa vida"
Manuel Seixas volveu. Cunha novela novela que se chama 'Interferencias'. Pero tamén volveu do inferno da "dor mental". E quere contalo. E que sirva para que outros saiban que se pode regresar da escuridade.
“Non todos os xornalistas son como os tertulianos de Sálvame”
ENTREVISTA Os sumidoiros do poder, que pode recorrer ás maiores brutalidades para protexerse, ou a crise do xornalismo conforman o fondo na última novela de Héctor Carré, Hai que matalos a todos.
"A beleza, a arte, o que se sae do devir cíclico, é o que nos salva"
Matarile estreou 'El cuello de la jirafa', no Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). A compañía compostelá, que cumpre 30 anos, procura nesta obra, máis que nunca, a comunicación directa co espectador.
O encontro Mulleres Creando apela no FITO á rebelión contra os roles e clixés patriarcais na cultura
Sororidade. Reforzo mutuo. Debate. Intercambio. Iso foi o primeiro encontro Mulleres Creando, celebrado no Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO).
“Ser galega é resistir, é enfrentamento de autodefesa”
Charo Lopes ganhou o Premio Fiz Vergara Vilarinho com 'De como acontece a fin do mundo'. Umha reaçom contra a opressom e o espólio das subalternas.
“Ás veces o teatro contemporáneo é raro porque é malo, non porque é contemporáneo”
ENTREVISTA Cristina Balboa leva o seu Sushi gratis ao Festival Internacional de Teatro de Ourense, (FITO). A súa compañía, Funboa escénica, é unha das que fan, en Galicia, aposta polo chamado teatro posdramático
A mirada propia da cinematografía galega
Manolo González presenta en Curtocircuíto a súa 'Carta branca', escolma da historia do cinema galego que amosa a procura, por parte da nosa cinematografía, do seu propio ollar fronte ao "modelo da arte provincial"
“Un libro está vivo cando o lector ten aínda máis preguntas e incertezas despois de lelo”
Iván García Campos volve publicar cinco anos despois de gañar o Blanco Amor con O imposible de desatar. Desta volta, a súa proposta é Cuestións vitais secretas, un libro de relatos que, como a súa anterior obra, reborda humanidade.
“Curtocircuíto tivo unha certa viraxe cara ao cinema máis autoral e experimental”
Non é a cantidade, senón a calidade, o que importa en Curtocircuíto. O proxecto que o seu director, Pela del Álamo, tiña para o festival vai facéndose realidade. Máis cinema de autor. E propostas de calidade para todos os públicos
“O reparto de subvencións por parte da Xunta aos concellos amosou un claro nesgo político co PP e tamén co PSOE-BNG”
Falta educación democrática para que a cidadanía entenda mellor a economía dos concellos. Desta premisa partiu Xaquín Álvarez Corbacho para escribir o seu libro Educación democrática ou barbarie, que vén de editar Laiovento.