Jesús Castro: "O que intento é converter as palabras en letras para dispoñer dun alfabeto infinito"
Calquera poema é unha forma nova de dicir, con moitas palabras, algo que signifique “non”, ou “vida”, ou de chegar a dicir “soño no que se está con moita xente vestida de gala nadando moito tempo no fondo dunha piscina” só con unha. Así define Jesús Castro Yáñez, o gañador do Pérez Parallé, a poesía.
María Xosé Queizán: “A esquerda pensaba que, coa liberación proletaria, ía vir soa a da muller”
María Xosé Queizán lembra a represión franquista en 'Amor de tango'. A resistencia en 'Cólera'. Ou o cárcere en 'Sentinela, alerta!'. Coma ela, moitas mulleres participaron da loita antifranquista. Aínda que os seus nomes non sexan os máis recordados. Se cadra porque non quixeron, tampouco, construír relatos heroicos. Aínda que, daquela, reivindicar os dereitos das mulleres podía enfrontarte non só coa ditadura. Tamén coa esquerda.
“Non hai debate de ideas, entón acabamos converténdonos todos en estereotipos”
José Prieto ten, -e xa o di el-, sona de dramaturgo comercial. E dálle a razón a quen lle chama iso. Será, di, que escribe comedias porque llas piden. E tamén porque cre que, no fondo, a vida non é tan complicada. E que está todo, ou case todo, dito. Polo que non é doado ser profundísimo e orixinal.
Diana Toucedo: "As comunidades de montes son escolas de democracia"
Diana Toucedo estrea en Cineuropa o documental 'En todas as mans'. Un traballo sobre as comunidades de montes galegas e portuguesas. Unha mirada, como noutras obras da mesma autora, ao presente que garda o pasado para ollar para o futuro. Ou á relación dos humanos coa natureza.
A Panadaría: "Vivimos nun sistema que tenta estandarizarnos e manipularnos"
Mulleres novas que fan unha forte aposta polo traballo actoral. Un teatro espido, sen adobíos. Que se apoian no clown ou na commedia dell'arte. Que fan todo elas: texto, música, dirección... E que presentaron o ano pasado Pan!Pan!, unha das montaxes máis frescas e vivas da temporada. Así son A Panadaría, gañadoras do Premio da Crítica 2015.
"Todo se vai amoldando e nunca se chega ao cambio auténtico, que sería a fin do capitalismo"
ENTREVISTA Xa pode escoitarse no soundcloud a primeira das partes que compoñen o triple CD 'Agricultura livre', o novo disco do ourensán Emilio José. Un traballo libertario. No fondo e na forma.
"Temos que contar os feitos como sucederon e non con versións equívocas da censura franquista"
"O labor das mulleres foi imprescindible e non creo que a guerrilla durase o que durou se non contase con elas". Así o di o xornalista José Antonio Gurriarán, autor de As mulleres no monte, (Galaxia). Un libro que reivindica, como fixera Aurora Marco, as mulleres guerrilleiras, aínda que cun enfoque distinto ao desta autora.
"Cineuropa conseguiu ser un espazo de democratización do cinema"
ENTREVISTA Volve Cineuropa o 6 de novembro. E faino con 300 filmes. Mais o importante non é a cantidade. Senón a oportunidade, outra vez, de ver durante un mes os filmes máis recoñecidos nos mellores festivais de cinema independente. Falamos co director do festival, José Luis Losa.
"É tal a brutalidade da repressão, que é um insulto que os repressores tenham o direito de permanecer no anonimato"
Susana Sánchez Arins apressentou na Ciranda, em Santiago, o seu novo livro, seique. Uma história descarnada da repressão franquista, contada desde o lado da família dos vitimários.
"O cinema árabe experimentou unha completa metamorfose"
Siria. Palestina. O Festival AMAL mira, cada ano, aos países árabes. Mais non só alí onde está o conflito máis mediático. Tamén onde a xente trata de lidar cos seus problemas normais, como en calquera parte do mundo.
“As costureiras quedaron sen nada mentres os empresarios se enriquecían”
Que hai detrás de imperios empresariais como Inditex? Son respeitados os dereitos das traballadoras que axudaron a erguelas? Fíos fóra, o novo documental de Illa Bufarda, dá algunhas respostas a cuestións coma estas.
Nós contigo também navegar
Begonísima, a homenaxe en Santiago a Begoña Caamaño, non foi unha despedida. Foi unha celebración da súa obra. Da súa loita por construír un mundo mellor. E da Vida, con maiúsculas.