"Os artistas non teñen falta de rir de si mesmos; teñen falta de tickets de consumicións"
ENTREVISTA Terbutalina presentaron o seu novo disco, Al otomano se le va la mano, nunha sala Capitol ateigada de xente. Falamos con eles sobre este traballo.
A Galicia “máxica” de Gustav Henningsen
O Museo do Pobo Galego acolle ata o 17 de xaneiro a mostra de fotografía etnográfica 'Galicia máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido', escolma do arquivo de imaxes tomadas polo folclorista danés Gustav Henningsen na súa estancia de investigación en Galicia nos anos 60.
Un festival contra o "desmantelamento" da Casa da Xuventude de Ourense
Continúa a loita cun festival musical, 'A Casa volve polo Nadal', que xunta este sábado grupos que formaron parte da historia desta institución con bandas novas, nunha xornada de intercambio que reivindica a volta ás dinámicas democráticas e participativas de Benito Losada.
Trinta anos de loita pola dignificación da profesión de intérprete
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia cumpre 30 anos. Tres décadas nas que a situación do sector mellorou nalgúns aspectos e foi para atrás noutros. Mais nos que se conseguiu, polo menos, visibilizar o traballo dos profesionais e sentar as bases para que se respeiten os seus dereitos laborais. Malia que haxa reivindicacións históricas que seguen sen cumprirse. Vídeo no interior
O PPdeG retrocede aos tempos de Alianza Popular e Feijóo fica lonxe do seu obxectivo
Os populares galegos perden máis de 200.000 votos a respecto das xerais de 2011 e fican por baixo do que ata agora fora o seu menor número de escanos por Galicia.
Silvia Penas: “Busco a intensidade e a alerta, intentar que non todo sexa tan predicible”
"As mulleres somos vítimas fronte ao poder omnipresente do patriarcado e a súa violencia, para min é evidente. De todos modos, considero que a nosa defensa ten que pasar polo ataque. Desde logo a espera e a confianza no cambio está claro que non funcionan". Iso di Silvia Penas, e con iso, -pasar ao ataque-, ten que ver Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores, o libro co que gañou o Avelina Valadares. No que as mulleres non son seres pasivos e febles. Senón persoas que deciden. Que se defenden.
“Os propios gaiteiros non son moitas veces conscientes de todos os recursos da gaita”
Mesturar o indie, o pop, o rock, o flamenco ou a electrónica coa gaita xa non escandaliza a ninguén. Non se leva ser purista. A tendencia e, mesmo o discurso dominante, é a fusión. O que non é tan habitual é dicir que si, que vale, que estaba todo inventado, pero que eses encontros entre tradición e modernidade se facían tocando sempre a gaita da mesma maneira, sen tirar partido de todos os seus recursos, no aspecto técnico. Pois iso asegura Cristian Silva. E iso tenta facer el no seu disco Ego.
Apoloxía das marxes
A última obra de Teatro Ensalle, Las calles corrían por las calles, reivindica as marxes. Celébraas. Invoca a súa beleza. A súa forza. Nun recuncho propio. A Artística, outro proxecto vigués, procura tamén o seu espazo en lugares alternativos. Fóra do canon.
Suárez Canal: "A fotografía foi, para José Suárez, un xeito de explicar e transformar a realidade"
“Nunha época na que predominaban os fotógrafos por encarga e unha visión costumista da sociedade galega, Suárez revélase como un artista”. Isto salientou Manuel Sendón na presentación. de ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’, a exposición que poderá verse ata o vindeiro 27 de marzo no museo Centro Gaiás. Trátase da maior mostra realizada ata o momento sobre o fotógrafo de Allariz, un autor "absolutamente singular" segundo o seu sobriño e comisario da mesma.
Panorama Galicia: furar no pasado para apontoar o futuro
O Panorama Galicia de Cineuropa acolleu, este ano, varios filmes arredor da relación das persoas co seu pasado. Querida Gina, de Susana Sotelo, achégase á xeración dos avós para retratar a quen aprendeu a ficar co imprescindible, renunciando, cando foi necesario, aos soños. Verengo, de Víctor Hugo Seoane, realiza un retrato dos avós e da súa forma de vida. Non para facer unha elexía dun mundo que morre, senón para salientar a sucesión xeracional. O ciclo que continúa. Os días afogados, de Luís Avilés e César Souto, reivindica tamén un xeito de ver o mundo, unha cultura que quedou soterrada ao ser anegadas dúas aldeas coa construción dun encoro. Eco, de Xacio Baño, mergúllase tamén na memoria. Nun pasado familiar que chegou ao presente a través duns cadernos manuscritos. A liña política, de Santos Díaz, tece e destece tamén relacións familiares, e de amistade, con aspectos do pasado que volven abrollar.
"Angélica Liddell pode acertar ou errar, pero non minte. Traballa desde a dor e é todo verdade"
Angélica Liddell podería ser o bufón. Alguén que fai o que parece inconveniente, o que vai máis alá da convención. Ou a poeta romántica, que fai beleza da dor. En calquera caso, prefire o fracaso á medianía, á morneza. Sempre traballa ao límite. Amosa as cousas na súa máxima dimensión. Iso conta Manuel Fernández-Valdés no documental que fixo sobre esta creadora, que presentou en Cineuropa.
Xosé Neira Vilas: a memoria dos “ninguén”
O autor de Memorias dun neno labrego, a obra máis lida da literatura galega, morreu este venres na súa casa de Vila de Cruces aos 87 anos
- ENTREVISTA (Xaneiro de 2015): “A miña identidade galega naceu aos poucos meses de chegar a Bos Aires”
- ENTREVISTA (Abril de 2012): “Arrancaban os mozos do agro e metíanos á forza no frente de guerra”