"É o apoio cidadán o que fai que un proxecto cultural poida manter a liberdade"
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén de concederlle á Revista Galega de Teatro o Premio de Honra Marisa Soto en recoñecemento da súa longa traxectoria, de xa tres décadas.
"Nunha democracia, cunha sociedade de consumo, malia toda a exhortación á liberdade individual, en realidade é mínima"
Non hai, na nova obra de Chévere, Eroski Paraíso, un discurso político moi elaborado. Nin moi central. Non é, nese sentido, como Citizen ou Eurozone. A compañía compostelá olla, desta volta, a xente anónima dunha vila galega. E con ela, a transformación do rural nas últimas décadas. As relacións entre xeracións. O desarraigo vital. A vida que nos leva, e que non se escolle tanto como ás veces se pensa.
"É moi importante que haxa máis mulleres nas institucións, mais tamén que haxa mulleres feministas"
A ciencia. A igualdade de xénero. O poder e a súa relación coa manipulación. Son algúns dos alicerces da literatura de Marilar Aleixandre, que é, por segunda vez, candidata a membro numerario da Real Academia Galega.
"Non é o noso discurso o que nos define, senón o xeito en que nos relacionamos cos demais"
Evelyn, unha estudante de belas artes, irrompe na vida monótona de Adán, un mozo tímido e inseguro que, impresionado polo interese dela, amósase disposto a transformarse a si mesmo por gustarlle. Así comeza A Forma das Cousas, dirixida por Carlos Álvarez Ossorio.
"Non é canción protesta o que fago, é crónica das situacións convulsas da nosa sociedade"
Xosé Constenla vén de presentar o seu novo disco, Virada por avante, na Casa das Crechas, en Santiago. O músico compostelán vira de rumbo mentres segue aprendendo. Desta volta, quixo achegarse ao folk-rock americano.
“As orquestras deixaron de facer música para facer espectáculos de luces e saltos”
Hai asasinatos, abusos de poder e corrupción a esgalla en Derradeiro bis en catro-corenta, (redelibros), de Tomás González Ahola. Mais a novela é, máis que nada, un retrato da decadencia do mundo das orquestras, nas que a música se substitúe polos xogos de luces e as xigantescas plataformas móbiles e as condicións laborais seguen a ser, moitas veces, inhumanas mentres uns poucos representantes controlan o mercado con artes pouco legais.
Manuel María: o dereito á dignidade e á enteireza
Uxía vén de presentar en Compostela o seu CD Uxía canta a Manuel María. Poucos días despois, a produtora Nós deu a coñecer o libro A propósito de Manuel, que acompaña o documental reeditado Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, dirixido por Margarita Ledo.
"Hai unha mecha acesa, que di moito do que virá, xa sexa revolución ou desfeita dun sistema caduco"
Galicia e os nazis. Este é o centro da trama da nova novela de Xabier Quiroga, Izan o da saca. Aínda que, ao lado deste, agroman os temas que sempre lle interesan a este autor. O intento de comprender o pasado e, con el, o presente. O poder e o xeito no que esmaga aos de abaixo.
"Os medios dominantes desempeñan, no tratamento de Resistencia Galega, un rol propagandístico"
Polarizar, dividindo o mundo en bos e malos. Os "demócratas" e os "terroristas". Estender a sospeita, segundo o discurso de "todo é terrorismo". Interpretar a realidade en base a estereotipos. Son algunhas das estratexias que, segundo a investigadora Helena Domínguez, utiliza a prensa dominante galega no seu tratamento de Resistencia Galega.
Escenas do cambio: memoria do cotián, historia do político
A memoria non oficial da ditatura portuguesa. A aculturación que se impuxo no Congo, expresada na perda das danzas da infancia. O baile liberador das mulleres formiga, todo o día traballando. A nai e a bebé que atopan, si, o xeito de estar xuntas nun país que lles nega ese dereito. A experiencia doutra nai nova que constrúe intimidade co espectador. Sen nada que agochar. O corpo que constrúe o espazo e o tempo. A natureza que se invoca. A animalidade que se explora. A corrección que se escorrenta. Así foi a segunda semana do festival Escenas do cambio. O cotián que revela o político.
“A de Man é unha historia de procura dunha liberdade absoluta e radical”
ENTREVISTA "A Man gustar pintar círculos e construír esculturas... Cada un ser libre de vivir como máis guste. Non haber regras para que cousas sexan dun xeito nin tampouco doutro. A meta de todos: ser felices na medida do posible, iso ser verdadeira harmonía". Así explica Man, o Alemán de Camelle, a súa arte e o seu xeito de vivir nunha entrevista que lle fan en O viaxeiro radical, a novela na que Xerardo Quintiá reivindica a súa memoria. A dun home que escolleu ser libre.
“As mulleres actuais non partimos de cero. As que nos precederon deixaron a leira decruada”
ENTREVISTA Di Aurora Marco que aprendera de Carvalho Calero a seguir dous criterios. Valorizar o propio e deitar luz sobre as figuras menos relevantes, máis anónimas e ignoradas. Sobre eles, e sobre o traballo de investigación que realiza desde os 80, érguese a súa nova obra, Elas.