Xoán Curiel: "Gústame pensar que as cancións serven para algo e non son mero entretenemento"
ENTREVISTA Xoán Curiel vén de presentar o seu cuarto disco, Ecuacións, un traballo que transita polo íntimo máis que o seu CD anterior, Magnétizo Zen. "Síntome comprometido e teño as miñas ideas bastante claras a nivel político e social, pero como persoa e tamén como artista, farteime de insistir en falar desta realidade "narrada" que nos vai chegando fragmentada
"A pesar de que a clase dirixente se aproveite do seu poder de xeito vergonzoso, seguimos a lle dar pábulo"
Álex Alonso gañou o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole con Tempos de bebidas isotónicas e fast-food. Unha trintena de relatos sobre as trampas do poder na sociedade actual.
María do Cebreiro: "Atraíame a idea do deserto como estímulo para concibir comunidades alternativas"
ENTREVISTA María do Cebreiro vén de gañar o Premio da Crítica, -da Asociación Española de Críticos Literarios-, na modalidade de poesía en lingua galega. Este martes 3 de abril ás 20:00 terá lugar un encontro con ela, organizado pola Asociación Galega da Crítica en colaboración co Ateneo, das críticas Dolores Vilavedra e Inma Otero, na sede de Afundación situada na Rúa do Vilar 19 de Santiago de Compostela.
“A idea de doma e castración de Galicia é unha caricatura”
É unha das ideas das que parte a obra Historia das historias de Galicia (Xerais), da que é editor o catedrático da USC Isidro Dubert
Supersementes de medrar libres e ceibas
A escola Semente celebrou no Auditorio de Galicia, en Compostela, o seu 5º aniversario coas actuacións de Mónica de Nut, Susana Seivane, Bolboreta, Circonove e Peter Punk de Pallasos en Rebeldía.
O audiovisual pide igualdade de xénero nuns Mestre Mateo con 12 premios para 'O Descoñecido'
Non houbo sorpresas nuns premios, este ano, pouco repartidos. A gran favorita, O Descoñecido, levou 12 galardóns tras contar con 16 nominacións. Lobos sucios, que tiña 14, quedou con 2, e Hospital Real e Serramoura gañaron un cada unha.
"Queremos poñer en valor o corpus poético galego porque é pouco coñecido fóra"
Gelria presenta o seu primeiro disco, Cantos de poeta, que musica 14 poemas da historia da literatura galega, comezando co Rexurdimento (Rosalía de Castro e Curros Enríquez), pasando por Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Manuel María ata culminar con Chus Pato.
"Ridiculizar, animalizar, personalizar, ironizar ou des-intimar sobre o desexo faino máis próximo"
A memoria, a perda e a morte. Son algúns dos temas que alicerzan a obra de Emma Pedreira, e aos que s/t, o seu último poemario publicado, dá outra volta. A autora vén de gañar, tamén, o premio Narrativas Quentes con Corazón e demais tripas. Un libro diferente, na súa traxectoria.
"Só somos -de aí o de labregos- xente cos pés na terra. O que pretendemos ser tentamos que estea na nosa música e forma de estar"
Libremente, de Celso Emilio Ferreiro, dálle título ao primeiro disco de Labregos do tempo dos Sputniks. Que ten moito que ver coa reivindicación da liberdade.
“O poder da clase corporativa permite falar dun novo feudalismo e dun novo absolutismo”
O economista Xabier Pérez Davila escribe Alén da casta. Un ensaio sobre o poder e as clases sociais no século XXI, que vén de editar Laiovento.
"Na II Guerra Mundial, Galicia tivo unha importancia xeoestratéxica maior do que moita xente pensa"
Un avión cae, na II Guerra Mundial, na fronteira entre Galiza e Portugal. Un contrabandista aproveita para arrepañar o que pode, sen saber da importancia do que leva. Así comeza Por que as sombras non teñen ollos (Xerais), de Luís García Mañá. Entrevista de Montse Dopico.
"O rural galego moderno e potente non sae nos medios de comunicación"
Non hai visións idealizadoras no tratamento do mundo rural de Manuel Iglesias Turnes en Que non te aten (Xerais). Protagonizada por mozos que viven da gandería, amosa os mesmos conflitos que poderían ter outras persoas da súa mesma idade en calquera outro lugar do (Primeiro) mundo.