"A recuperación do mundo íntimo das mulleres violadas na ditadura implica o dereito ao silencio"
ENTREVISTA A socióloga arxentina Elizabeth Jelin analizou no congreso 1936. Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria os silencios sobre a violación no contexto do terrorismo de Estado arxentino. Silencios, que non esquecementos, significativos non só da crueldade da ditadura, senón dunha determinada construción da masculinidade que impregna a cultura militar e conecta co abuso sexual como arma de guerra.
Novos relatos do 36 fronte ao discurso da “reconciliación” e a “equidistancia”
O congreso 1936. Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria deconstrúe o paradigma da "reconciliación" herdado da Transición e procura alternativas desde enfoques como a historia "da xente corrente"
Alberto Vázquez: "A violencia dos meus filmes representa a violencia social"
ENTREVISTA Alberto Vázquez estivo en Cannes, Annecy ou Stuttgart cos seus últimos filmes. Antes, gañara un Goya. Os premios que levou o seu traballo constitúen un dos exemplos do recoñecemento internacional do audiovisual galego.
"O libro ten moito de carraxe por ver como nos levan á deriva"
A "crise" bate forte en nós. Mais non deixamos de erguernos. Diso vai Galería de Saldos, o libro de relatos que vén de publicar Diego Giráldez.
"A nosa sociedade vive a ilusión dun arquetipo de perfección"
Manuel Esteban Domínguez gañou o Premio Xerais con A ira dos mansos, unha novela que reivindica o dereito das persoas con discapacidade intelectual "a facerse como persoas, a errar, a vivir, en definitiva".
"As mulleres foron protagonistas de grande parte da resistencia máis activa e lúcida contra o franquismo"
ENTREVISTA A memoria histórica, a sede insaciable de violencia do fascismo, abrollan baixo unha historia familiar agochada na primeira novela de Xosé María Álvarez Cáccamo, As últimas galerías, que forma unha triloxía cos seus dous libros biográficos.
"Se non te desafiuzan ou che cortan a luz e non morres de frío, sempre chega a primavera"
A banda de Carballo Chicharrón ten un novo disco, Postal, que está a ser moi ben acollido por público e crítica.
Cándido Pazó: "Sabemos que hai persoas que son heroes, mais nós nunca fariamos o que fixeron"
ENTREVISTA Foucellas, de Talía Teatro, vén de pasar por Compostela. A obra non é un biopic sobre Benigno Andrade. Senón unha reflexión sobre a xestión humana da derrota.
"Interesábame moito afondar nas parellas nas que existe o control e se disfraza de amor"
María Solar gañou o premio da I Gala do Libro Galego na modalidade de literatura infantil e xuvenil con O meu pesadelo favorito. Tamén vén de publicar As horas roubadas.
"En determinadas manifestacións artísticas chamadas comprometidas non había compromiso real"
A obra Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural escolma dez textos representativos da produción académica de Antón Figueroa. Figura imprescindible á hora de pensar, criticamente, a literatura galega.
O (S8) olla ao cinema galego feito por mulleres
O (S8) olla este ano, na súa programación galega, ao cinema feito por mulleres. Dedica o "en foco" a Xiana Gómez-Díaz, organiza unha mesa redonda arredor do proxecto Cinema e Muller de Xisela Franco e Beli Martínez e amosa tamén varias curtas producidas por mulleres no marco do Chanfaina'Lab.
"Entregaron a mans privadas as partes máis sensibles e importantes do sistema sanitario"
ENTREVISTA A desfeita do Álvaro Cunqueiro é unha das máis recentes consecuencias da política que PPdeG comezou a ensaiar hai xa anos, coas fundacións hospitalarias que houbo que reintegrar no sistema público. As portas xiratorias explican, en parte, esta dinámica, que analiza o libro A comercialización da saúde. O hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa (Laiovento), coordinado por Pablo Vaamonde.