Escenas do cambio e o devalo dos mitos
Cal é o potencial de violencia incorporado en cada individuo e que prezo debe pagar o colectivo para o control dos demais? É a pregunta lanzada por Arkadi Zaides no seu Arquive, un dos espectáculos que puideron verse nos primeiros días do festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio. Cuestión pertinente para comprender, tamén, Europa na casa de Rimini Protokoll ou Tijuana de Lagartijas Tiradas al Sol.
Raida Rodríguez: "A voz poética é poderosa porque pode facer cortes no discurso do poder establecido"
ENTREVISTA "Estirpe de sombras, como antes foi Máquina de Guerra, quere ser iso, un croquis da miña realidade, do meu pensamento, da miña experiencia, e que busca ser lido de forma non estática senón que mova, que produza, que sirva para destruír ou para construír algo, pero que non deixe indiferente". Iso di a poeta ourensá Raida Rodríguez sobre os seus dous libros publicados, dos que falamos nesta entrevista.
Carlos Seijo: “Neira Vilas era amigo de todo o mundo por enriba dos seus dogmas”
ENTREVISTA O Teatro Principal de Santiago vén de acoller a estrea do documental O Espantallo Amigo, protagonizado por Xosé Neira Vilas e dirixido por Carlos Seijo, da produtora Maxina. Este traballo audiovisual, un dos últimos realizados polo escritor, achégase á súa biografía e personalidade a través dunha entrevista e da recreación animada do seu relato O espantallo amigo. Neira Vilas responde ás preguntas dunha rmoza da súa zona natal, facendo un percorrido pola súa andaina vital e literaria.
Adrián Costa: "Non hai dous músicos iguais no mundo"
O músico compostelán Adrián Costa vén de presentar na Capitol Sexercise, o álbum que vén de gravar coa súa banda americana The Criers. Falamos con el deste disco e da súa traxectoria.
Cantos na maré: O galego, chave para abrir as portas do mundo
A forza das mulleres. De Galiza, de Guiné e de todo o mundo. Foi un dos eixes do Cantos na Maré deste ano, que xuntou a Thaïs Morell, Karyna Gomes, Jorge Palma, Alceu Valença, Uxía e Narf.
"A vida é como é porque ten principio e final. Iso fai urxente non adiar a rebeldía para mañá"
ENTREVISTA Unha muller que quere rebelarse contra unha vida imposta máis pola convención social e cultural que polos seus propios desexos e as súas decisións. Así é a protagonista de O rebumbio dos vagalumes, (Laiovento), a primeira novela de Alberte Santos.
Pedro Feijoo: “Neste país parece que ten que ser toda a literatura ultrasesuda e superseria”
Non hai partes da nosa historia, nin críticas a un xeito patrimonial de entender a cultura, nin denuncia social, na nova obra de Pedro Feijoo. E só, tal como el mesmo a define, unha comedia de enredo. Que fará rir a quen lle gusten os chistes de non darlle moito á cabeza.
José Luis Guerín: “Un dos aspectos máis interesantes da cultura dixital é a posibilidade que ofrece de capturar o íntimo”
ENTREVISTA O cineasta José Luis Guerín presenta o sábado 9 de decembro en Numax, en Santiago, a súa última película, La Academia de las Musas, gañadora do Giraldillo de Ouro do Festival de Cine Europeo de Sevilla.
Riveiro Coello: “A literatura non trata de pechar os feitos, senón de poñer en cuestión o establecido”
ENTREVISTA Os protagonistas de Os elefantes e Sokúrov, a nova novela de Antón Riveiro Coello, son como unha especie en perigo de extinción que busca na cultura as respostas ás preguntas máis complexas da vida. Iso pensa o seu creador, que os dotou non só de curiosidade e amor polo cine ou pola literatura, senón tamén dunha actitude afouta á hora de resolver os conflitos herdados do pasado. Como en Laura no deserto e en tantas outras das súas novelas.
Xisela Franco: "Se existe unha verdade, só se atopa na poesía que subxace ao real"
Xisela Franco chama “cine de proceso” ao tipo de filmes que máis lle gusta facer. Non hai, neles, guión previo. Prefire confiar "neste xeito de lanzarme ao baleiro" e cre que "se nese proceso se dá a maxia dun continuo atopar é porque existe un profundo amor ao cine e ás persoas, á vida". Porque, di ela mesma, o acto de capturar o real é todo un ritual de amor ou amizade. O real está alí e revélase como posibilidade poética.
Diego Ameixeiras: "Os escritores de novelas baratas son auténticos proscritos"
ENTREVISTA Diego Ameixeiras vén de publicar A noite enriba, novela metaliteraria que homenaxea o xénero negro e, en especial, a David Goodis.
Lorca e os 'Seis Poemas Galegos' a seis mans
A amizade de Lorca con Guerra Da Cal e con Blanco-Amor foi decisiva para a escrita e publicación dos 'Seis poemas galegos' asinados polo autor do 'Romancero Gitano', "o produto literario galego de maior éxito do século XX", segundo lembrou o xornalista Joel Gómez no acto en Compostela do 80º aniversario da edición desta obra.