Aumentan un 60% as persoas que votan nos orzamentos participativos da Coruña
Vén de rematar a fase de apoios ás propostas na terceira edición desta iniciativa. Trala avaliación dos proxectos por parte de persoal municipal das máis votadas, comezará a escolla final para distribuír os tres millóns de euros entre as máis populares. En total, presentáronse 909 propostas, un 44% máis que o pasado ano.
"En Marrocos as mulleres teñen os seus propios movementos feministas. Son elas as que deben liberarse do seu patriarcado"
Xa se pode ver na rede Berros fronte o Majzen, un documental sobre o activismo en Marrocos feito por tres novísimas xornalistas de Galicia e Asturias que o pasado verán participaron no seminario de xornalismo social e cooperación internacional de Agareso. Falamos coa carballesa Sofía Caamaño, unha das autoras
Tui celebra cunha festa galego-portuguesa o 881 aniversario do tratado que fixou a fronteira entre os dous países
O 4 de xullo de 1137 Alfonso VII de Castela e León e o seu curmán Afonso Henriques de Portugal asinaron na vila un pacto de amizade que estableceu o Miño como límite entre Galicia e Portugal. A fin de semana do 6 e 7 de xullo actuarán Teresa Salgueiro e Sondeseu “coa música como elemento de fusión entre dúas culturas que parten dunha mesma raíz”
Comeza a rodaxe de 'Antes de perder', road movie feminista dirixida por Sonia Méndez
Trátase da primeira produción galega de Playz, plataforma dixital de RTVE. Contará tamén dun desenvolvemento transmedia, acompañando os seus sete capítulos doutras sete pequenas pezas para a súa distribución nas redes sociais e coa retransmisión vía Instagram da visión da historia dunha das súas protagonistas.
Unha manifestación protesta en Mondoñedo contra os estragos causados polas louseiras
Ducias de veciños e veciñas denunciaron os prexuízos provocados pola empresa Pizarras Veira do Río S.L., que explota dúas canteiras en Lindín e Santa María Maior.
O barco de Open Arms traslada a España 59 persoas rescatadas no Mediterráneo, con Ana Miranda a bordo
O ministro do Interior italiano, o ultradereitista Matteo Salvini, xa anunciou que non permitirá que a embarcación atraque nun porto do país transalpino. O rescate produciuse despois de que este venres 100 persoas, entre elas tres bebés, morreran afogadas tralo naufraxio da súa patera
A Valedora do Pobo interveu de forma irregular para favorecer o nomeamento da súa Xefa de Servizo
O TSXG anula o proceso e obriga a repetilo, instando a Milagros Otero a manterse á marxe. A sentenza subliña numerosas irregularidades no procedemento, no que foi elixida a irmá do voceiro parlamentario do PP, Pedro Puy, e filla dun catedrático de Dereito da que a Valedora foi "discípula". Considera probado que os criterios de selección foron "determinados á medida da candidata"
Losada afirma que Fomento respectará os prazos do AVE pero di que quere "coñecer a realidade" das obras
O Delegado do Goberno central subliña que "existe toda a vontade política para completar a infraestrutura" e que "en ningún caso haberá un parón nas obras". Porén, aclara que o Executivo quere comprobar que "os prazos anunciados coinciden co avance da obra"
A Praza dos Libros de Carballo dará moito "a lata"
O xoves 5 comezarán catro xornadas de presentacións, debates, contacontos e concertos, que se abrirán co pregón de María Xosé Silvar Sés. Manolo Rivas, Pedro Feijoo, Enma Pedreira ou Eli Ríos pasarán pola vila. Todas as persoas que merquen un libro na primeira xornada da feira recibirán unha lata de atún Calvo
O Premio Repsol de Narrativa Breve convoca unha nova edición e chega a unha ducia
O galardón impulsado pola empresa e pola Consellería de Cultura ten unha dotación de 12.000 euros e texto gañador será publicado pola Editorial Galaxia. O pasado ano Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co premio coa obra O sono das sereas
As Letras 2019, entre Carvalho Calero e Fraguas
A Real Academia Galega decidirá o sábado 7 de xullo a persoa que será homenaxeada no vindeiro Día das Letras Galegas. As únicas propostas rexistradas foron as do ferrolán e a do cotobadés.
Condenado o propietario da franquía de McDonald's en Ourense por ameazas e lesións a traballadoras
Alén da denuncia ante a Policía que rematou en xuízo, a CIG levou o caso ante a Fiscalía para renunciar "presuntos delitos de lesións, contra a integridade moral e contra a liberdade sindical"