Fala Ceibe denuncia os obstáculos para o uso do galego no Bierzo
O colectivo cultural salienta que a nova web do Consello Comarcal "ignora a presenza do idioma galego no Bierzo occidental" e sinala que "os bercianos galegofalantes sentímonos ofendidos por este trato discriminatorio". Lembra que as leis de Castela-León prevén que na comarca a lingua galega "gozará de respecto e protección"
O BNG celebrará medio século de reivindicacións do Día da Patria cun chamamento a "sumarse" ao seu proxecto
CON VÍDEO Pontón resalta que a campaña do BNG previa ao 25 de xullo se dirixe a "todas as persoas que, mesmo dende diferentes visións, comparten a idea de que este pobo debe gobernarse a su mesmo"
A falta de pediatras provoca protestas na Coruña, Vigo ou Terra de Trives
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública culpa da situación aos "recortes de persoal" efectuados polo Sergas, así como á "precariedade e falta de recursos", que leva a unha "fuxida de profesionais"
Ourense en Común e PSdeG alertan de que Xunta quere converter a Casa da Xuventude nun centro de iniciativas empresariais
Os dous grupos levarán ao pleno deste venres unha moción conxunta para defender "a identidade e autonomía" da entidade. O pleno xa aprobou no 2015 unha moción para municipalizar o espazo, un acordo nunca aplicado por Jesús Vázquez.
A Wikipedia pecha este mércores en protesta pola directiva europea que "impón barreiras" á "Internet aberta"
A comunidade galega da enciclopedia libre alerta de que a nova normativa de dereitos de autor "podería ser imposible compartir un artigo de noticias nas redes sociais ou atopalo a través dun motor de procura" e afirma que "a mesma Wikipedia estaría en risco"
O Supremo permite a un xuíz gozar do permiso de maternidade por ser a súa parella avogada por conta propia
O maxistrado Xermán Varela vira recoñecido en principio un permiso de 10 de semanas, que esta sentenza eleva a 16. A nai recibira un pagamento único por parto/lactación que non lle permitira suspender a súa actividade profesional. O TSXG denegara a licenza por maternidade por ausencia de previsión legal
Rosalía, Guadi Galego, Mercedes Peón ou Mala Rodríguez, banda sonora dunhas festas do Apóstolo "con moita presenza feminina"
As festas compostelás inclúen unha trintena de concertos do 18 ao 31 de xullo coa actriz Nerea Barros como pregoeira. Rubén Blades ou Wolftmother destacan tamén nunha programación que estrea novos espazos
As familias dos catro guerrilleiros desenterrados en Val do Dubra recibirán os seus restos o 28 de xullo
Os corpos de José María Castelo Mosquera, Manuel Pena Camino, Vicente Peña Tarrasa e Manuela Teiga, asasinados en 1949 pola Garda Civil, foron exhumados hai dous anos pola ARMH. A entidade recuperou 53 cadáveres en Galicia dende o ano 2000.
A Coruña únese ás cidades nas que o bus urbano inclúe a 'parada antiacoso'
A proposta do PSdeG-PSOE foi aprobada por unanimidade no pleno celebrado este luns. En horario nocturno os autobuses pararán no lugar que o soliciten as mulleres que viaxen soas. Vigo púxoo en marcha o pasado mes de febreiro, seguindo o exemplo de Bilbao, Terrassa e urbes de toda Europa. O pleno tamén declarou persoas non gratas aos integrantes de La Manada
O restaurado Pórtico da Gloria poderá ser visitado dende finais de xullo
Este luns tivo lugar a inauguración da obra, tralos traballos que permitiron recuperar as cores orixinais e que melloraron o seu nivel de conservación. O 27 de xullo comezarán as visitas, que serán gratuítas, por un máximo de 15 minutos e sen posibilidade de reserva
Luís Seoane será homenaxeado no Día das Artes Galegas 2019
Teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante ou pintor, a Real Academia Galega de Belas Artes recoñecerá a súa obra e a súa influencia o vindeiro 1 de abril.
A CIG denuncia a "desidia" da Xunta ante a inundación do arquivo xudicial da Coruña
O arquivo xudicial da Audiencia Provincial, situado na antiga Fábrica de Tabacos, apareceu este luns asolagado, un "desastre" do que Xustiza é consciente "cando menos" dende este domingo, denuncia o sindicato, que salienta que nada se fixo para resolver a situación