Robots galegos na Coruña para a primeira Mobile Week fóra de Barcelona
O Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña impulsa dous talleres de robótica para alumnado de terceiro curso de Primaria
Elnosa confirma que marcha de Pontevedra e culpa o Concello pola súa "oposicíon destrutiva"
A empresa culpa do seu peche á posición contraria do goberno municipal e á "incerteza sobre a renovación da concesión dos terreos por parte do Estado".
Venres negro no outro 'venres negro': o persoal da CRTVG denuncia as "rebaixas" no servizo publico
O persoal dos medios públicos tira de retranca para alertar das "ofertas especiais en manipulación, inxerencias e control político" na súa 27ª xornada reivindicativa consecutiva, que coincide co 'Black Friday', e na véspera de máis paros parciais pola folga.
O feminismo volve ás rúas polo 25N e esixe unha acción tallante contra o machismo
AXENDA | O domingo están convocadas manifestacións contra a violencia machista nas sete cidades galegas e mais algunhas vilas. Xa este venres e sábado celébranse concentracións ante os concellos, palestras e performances, como a marcha silenciosa non-mixta convocada en Vigo. 102 localidades apoian este ano a campaña En negro contra as violencias machistas
Aprobada a lei que permite aos partidos obter perfís ideolóxicos da cidadanía nas redes sociais
A norma que foi aprobada no Senado abre a porta á propaganda electoral personalizada con información tirada das redes, pero tamén a monitorizar opinións ou a explotar os medos do votantes. "Que garantía vas ter de que non te metan noutra base de datos, como opositores a ese partido?", pregúntanse expertos en privacidade
O comercio polo miúdo do Salnés rexeita participar no 'Black Friday' por prexudicar as tendas locais
Establecementos de Vilagarcía e Cambados anuncian que non realizarán rebaixas este venres e pídenlle á poboación que apoie o comercio local, alertando de que o seu peche "provocaría un gran impacto económico" e un "efecto dominó", levando á "desertización do centro urbano"
Indignación no Xuventude Cambados por ser alcumados por Marca como 'Fariña FC'
O xornal madrileño publicou unha información sobre o pai do celtista Brais Méndez, que xogou nos anos 80 e 90 no clube cambadés. A publicación sobrenomeuno tirando do título do libro e serie de televisión, o que provocou as protestas da entidade, que esixe unha rectificación por unha mención "fóra de contexto e sen sentido".
Este ano a igrexa de Ferrol non foi "del caudillo"
Á hora da convocatoria espallada pola Fundación Franco a porta da igrexa mantívoche pechada e a Armada asegurou que desmentía tal evento
O primeiro paro na folga dos medios públicos obriga a mudar a programación na TVG
O comité cifra no 80% o seguimento da primeira xornada dos paros que leva a cabo o persoal da CRTVG "contra o desmantelamento e a manipulación" e amosa a súa "satisfacción" pola resposta dos traballadores.
Ferrol acolle un ano máis a única misa galega en homenaxe a Franco
A igrexa castrense de San Francisco celebra ás 12.30 unha cerimonia en recordo do ditador. É unha das 18 que terán lugar en todo o Estado e a única no noso país. Esquerda Unida anuncia que pedirá "explicacións" ao Ministerio de Defensa por ser responsable do tempo.
A folga de xuíces e fiscais provoca a suspensión de 265 xuízos e declaracións en Galicia
Arredor dun 40% dos xuíces e un 30% dos fiscais secundaron o paro no país.
A web 'Terra e Memoria' permite a consulta online de 2.000 entrevistas sobre a represión e a emigración
O proxecto compila fondos de tres grupos de investigación da USC: Histagra, Hispona e Histamérica, entre eles os que compoñen o arquivo de Nomes e Voces ou as historias orais dun milleiro de emigrantes galegos.